Somos un grupo de 30 persoas matriculadas na materia de "Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal" do grao de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto estase a levar a cabo no seo desta materia e outra que cursamos o cuadrimestre pasado chamada "Motricidade Infantil". Contámosvos un pouco de nós a continuación.

Minia Míguez Gesto

Comisión do Blogue

Son Minia Míguez Gesto e teño 20 anos. Quero ser mestra para aportar o meu gran de area á sociedade e intentar darlle ás crianzas oportunidades educativas dignas. Participo neste proxecto para aprender dende a realidade, enchouparme do grande potencial que teñen as crianzas e, ao tempo, compartir con elas o que eu poida aportarlles.

Lucía Senra Lado

Comisión do Blogue

Son Lucía Senra Lado, unha moza de 20 anos que estuda para ser mestra de Educación Infantil. Quero adicarme a isto co obxectivo de conseguir un cambio, para mellor, na sociedade e no mundo. Metínme dentro deste proxecto para participar coas crianzas e aprender significativamente delas.

Miguel Romero Ruiz

Comisión Pedagóxica

Son Miguel Romero Ruiz, un futuro mestre de 20 anos. Gustaríame adicarme á educación para que as crianzas aprendan de min e eu de elas. Considero que este proxecto é unha boa opción para experimentar a expresion corporal cos nenos e nenas e descubrirlles os oficios da tradición galega.

Sara Marcos Pérez

Comisión do Blogue

Son Sara Marcos Pérez, unha rapaza de 20 anos que estuda Educación Infantil co obxetivo de deixar pegada neste mundo a través da educación a pequenas crianzas. Este proxecto pode ofrecerme unha experiencia moi enriquecedora coas nenas e nenos, para xuntos, traballar a expresión e a comunicación corporal a través da tradición galega.

Lara Porto Bargiela

Comisión do Xogo de Mesa

Eu son Lara Porto Bargiela e quero adicarme á educación porque creo que é o motor de cambio da sociedade. Adentreime neste proxecto porque me pareceu moi innovador o feito de poder facer algo para que quede como un recurso, e que poida acceder a el, quen queira utilizalo.


Amalia Romero Sixto

Comisión do Blogue

Chámome Amalia Romero Sixto e teño 21 anos. Quero adicarme á educación porque considero que é moi importante axudar a que os cativos e cativas de próximas xeracións conten cunha boa educación. Decidín formar parte deste proxecto porque creo que é unha gran oportunidade para aportar recursos á comunidade educativa, ademais de achegarme á realidade docente.

María Quiñones Fernández

Comisión do Blogue

Son María Quiñones Fernández, teño 20 anos e quero ser mestra de Educación Infantil porque considero que é unha etapa moi bonita e importante na vida das persoas. Ademais, penso que a educación é a base do cambio. Por outro lado, metinme neste proxecto porque me pareceu moi interesante colaborar con toda a clase para crear algo común, que lles sirva aos nenos/as e ás familias para traballar a expresión corporal e aprender sobre os oficios.

Carlota Poceiro González

Comisión do Xogo de Mesa

Son Carlota Poceiro González, unha rapaza de 21 anos. Quero adicarme a educación porque sento paixón polo benestar dos cativos/as, e ao mesmo tempo, por axudar no seu desenvolvemento cognitivo e emocional. Incorporeime a este proxecto porque o considero unha actividade emocionante e interactiva que nos proporciona unha oportunidade para traballar preto das crianzas.

Andrea Aldrey Cao

Comisión de Entrevistas

Son Andrea Aldrey Calo, unha xove de 20 anos. Dende nena tiven unha vocación especial por esta profesión. Os motivos polos que me quero adicar ao mundo da docencia están ligados á transmisión de coñecementos, á construcción de valores futuros, a crear persoas benévoles e autónomas e, penso que aínda que sexa un traballo laborioso e pouco valorado a nivel social, estar rodeada de cativos/as faime inmensamente feliz. Co que respeta a este proxecto, pareceume unha idea interesante e dinámica para afondar os contidos da materia, así como un recurso de sociabilización tras o paso da pandemia.


Andrea Celada Díaz

Comisión de Fotografía

Son Andrea Celada Díaz e teño 20 anos. Dende que teño uso de razón quixen ser mestra, pois paréceme un traballo moi bonito, e que por moi duro que sexa, merece a pena. Decidín formar parte deste proxecto porque é unha oportunidade para ter un contacto real coa profesion e de comprender o funcionamento dun aula con distintos grupos de nenos/as, ademais da práctica que supon crear e deseñar distintas actividades.


Raquel Garrido Lorenzo

Comisión do Xogo de Mesa

Son Raquel Garrido Lorenzo, unha moza de 20 anos. Quero adentrarme no mundo da educación porque considero que é o motor dun cambio social. Por outra banda, en canto ao que o proxecto se refire, decidín formar parte do mesmo porque é unha forma de achegarnos ao noso futuro laboral de forma práctica. Ademais, a temática a abordar pon de manifesto a importancia de manter viva a nosa cultura.


Ana Seijas Baña

Comisión do Blogue

Son Ana Seijas Baña, unha rapaza de 22 anos que, dende pequena, soña con ser mestra de Educación Infantil. Considero que os pequenos e as pequenas de hoxe son o futuro do mañá, polo que é importantísimo ofrecerlles unha educación de calidade. Relacionado con isto, penso que o proxecto que estamos a realizar é unha oportunidade marabillosa para levar á práctica os coñecementos acadados ata o momento.

Patricia Alexandra Leal Barbosa

Comisión do Xogo de Mesa

Son Patricia Alexandra Leal Barbosa e teño 36 anos. Os motivos polos que me gustaría exercer de mestra son varios, entre eles porque é a miña vocación e porque me gustaría formar parte da construción dun mundo mellor. Decidín meterme de cheo neste proxecto porque é unha oportunidade para estar en contacto co mundo real dos nenos e nenas. Así mesmo, é unha fonte de motivación para seguir completando o meu aprendizaxe.

Mila Angueira García

Comisión do Xogo de Mesa

Son Mila Arangueira García, unha moza de 21 anos. Como moitas das miñas compañeiras, sinto vocación por ser mestra. Ademais, considero que a educación dende a primeira infancia é moi necesaria para construir unha boa sociedade no futuro, boas persoas con bos valores. Quixen ser partícipe deste proxecto porque penso que é unha boa maneira de poñer en práctica os coñecemento da materia. Relacionado con isto, considero que tratamos unha temática moi interesante para os nenos e nenas, xa que moitos dos oficios non os coñecen, e ao final, son cultura e patrimonio de onde viven.


Laura Mariño Muñiz

Comisión Pedagóxica

Eu son Laura Mariño Muñiz e teño 24 anos. Quero adicarme á educación porque considero que, a través desta, está o cambio. Decidín colaborar neste proxecto posto que se trata dunha posibilidade de aprender facendo, así como de poder aprender a relacionarnos cos diferentes axentes da contorna.

Andrea Currás Santomé

Comisión do Xogo de Mesa

Eu son Andrea Currás Santomé, unha xove de 21 anos. Dende pequena quixen ser mestra, e a medida que pasa o tempo, estou máis convencida de que este é o mundo do que quero formar parte toda a miña vida. Este proxecto paréceme moi interesante, creativo e necesario, ao cal lle estamos poñendo moita dedicación e esforzo.

Leticia Vieites Seijo

Comisión de Redes Sociais

Son Leticia Vieites Seijo e teño 20 anos. Quero dedicarme á educación, primeiro, por vocación. Así mesmo, considero que as crianzas son a sociedade do futuro, polo que educalas e amosarlle valores como o respecto, a colaboración, a empatía... son aspectos fundamentais e que me gustaría que se visen reflexados na miña labor docente. Penso que este proxecto, é unha gran oportunidade para traballar en grupo e para coñecernos máis entre nós. Ademais, considero que o feito de participar me pode aportar moitos beneficios para o día de mañá.



Alba Fernández López

Comisión Pedagóxica

Son Alba Fernández López. Teño 22 anos e quero dedicarme á educación, en especial á etapa de infantil porque penso que é a máis bonita. É a partir desta onde os nenos e nenas empezan a descubrir o mundo que os/as rodea e acompañalo/as e axudarlles a entendelo paréceme algo marabilloso. Así memso, decidín formar parte deste proxecto porque me pareceu unha proposta moi atractiva e enriquecedora, na cal a teoría e a práctica real van da man.


Lucía Lopez Alonso

Comisión de Redes Sociais

Son Lucía López Alonso, teño 21 anos e quero ser mestra porque considero que a educación é a base de todo e teño vocación para o traballo con crianzas. Este proxecto é unha boa oportunidade para, en conxunto cos meus compañeiros/as, traballar a aplicación dun proxecto nunha escola.

Alexia Besada Pérez

Comisión de Entrevistas

Son Alexia Besada Pérez, teño 20 anos e quero dedicarme á educación infantil porque a educación temperá é a base para un futuro mellor. Por outro lado, quixen colaborar neste proxecto porque desta maneira podemos achegarnos dun xeito máis práctico ao noso futuro como docentes.


Patricia Hermida Deza

Comisión Pedagóxica

Son Patricia Hermida Dez, unha rapaza de 22 anos. Sen lugar a dúbidas, quero dedicarme á educación porque é unha profesión que me gusta e pola que sinto unha gran paixón. Encántame estar cos pequenos/as e ensinarlles novas cousas. Ademais, considero que eu tamén aprendo moitas cousas deles e delas. En base a isto, quixen fromar parte deste gran proxecto porque me pareceu unha idea innovadora que nos ofreceu a facultade e da que podemos extraer moitos coñecementos de cara o futuro.


Roberto Bolaño Amigo

Comisión do Xogo de Mesa

Chámome Roberto Bolaño Amigo e teño 28 anos. Actualmente imparto clases de música, e disfruto cada día da evolución do meu alumnado, tanto a nivel musical como persoal. Con eles, tamén teño a oportunidade de seguir medrando e aprendendo, envolto nun proceso e afán de mellora que agardo que dure para sempre. Desde o primeiro día confiei en que íamos facer algo grande. A pesar da incertidume dos primeiros días, o proxecto foi collendo forma rápidamente. Hoxe en día vémonos volcados, con moita ilusión e traballo individual e grupal, nun proxecto sobre os oficios tradicionais galegos, que poderá trascender no tempo e poderá ser empregado por todos os centros educativos interesados.



María Alonso Castro

Comisión de Entrevistas

Chámome María Alonso Castro e teño 21 anos. Quero ser mestra para dar oportunidades educativas e alcanzarmos un mundo mellor e de liberdade. Empecei este proxecto para aprender das potencialidades das crianzas e ofrecer experiencias enriquecedoras.

Mateo Fernández López

Comisión de Entrevistas

Son Mateo Fernández López, un rapaz de 20 anos. Gustaría adicarme ao mundo da educación porque quero axudar ao desenvolvemento dos nenos/as. Metinme nesta poroposta porque é unha forma de achegarnos á práctica educativa a partir dun proxecto común.

Celia Carracedo Pérez

Comisión Pedagóxica

Son Ceiia Carracedo e teño 20 anos. Comecei neste mundo da educación porque me apaixonan as crianzas e gustaríame ter a posbilidade de traballar con eles/as. Vexo este proxecto como unha nova vía de traballo a experimentar.

Nerea Cuquejo Fernández

Comisión do Xogo de Mesa

Chámome Nerea Cuquejo Fernández. Son unha moza de 21 anos e quero adicarme á educación para poder cambiar (a mellor) un pouquiño o mundo. Metinme neste proxecto porque me pareceu realmente interesante e considero que é primordial para a miña formación como mestra. Por ende, espero facer moitos máis proxectos coma este.

Ana Iglesias Asorey

Comisión de Redes Sociais

Son Ana Iglesias e teño 21 anos. Quero adicarme á educación para aportar o meu gran de area por cambiar o mundo. Chamoume a atención este proxecto por aportar ás crianzas un tema que non se adoita tratar nos centros educativo, como é os oficios tradicionais a través da expresión corporal.

Uxía Lamas Paz

Comisión de Redes Sociais

Chámome Uxia Lamas Paz e son unha rapaza de 20 anos. Teño vocación dende pequena e paréceme interesante todo o relacionado coa educación dos pequenos/as. Considero que este proxecto é unha maneira de aprender en conxunto, sendo a súa vez unha experiencia única.

Irea Salgado Fernández

Comisión do Xogo de Mesa

Son Irea Salgado e teño 20 anos. Quero adicarme á educación porque considero que é algo que me enche. Penso que é moi importante educar aos/ás nenos/as, xa que son as futuras xerancións, e hai que inculcarlles valores, culura, coñecementos…, pois esta inflúe moito na sociedade e no progreso da mesma. Por outra banda, metinme neste proxecto porque me parece unha forma especial de levar os coñecementos que temos á práctica, e de traballar coas crianzas dunha maneira máis próxima. Tamén penso que nos serve para aprender a traballar en gran grupo e axúdanos a tomar decisións. É unha gran oportunidade para adentrarnos no que é a nosa futura profesión.

Lara Timiraos Rubido

Comisión de Redes Sociais

Eu son Lara Timiraos e teño 21 anos. Dende que ía en primaria xa sabía que quería ser mestra, pois quería converter a miña vocación na miña profesión. Decidín participar neste proxecto para poder dar a coñecer un pouco máis o mundo da expresión corporal entre os máis pequenos e pequenas dende primeira man.