ACTIVIDADES E RECURSOS

TRABALLAMOS EN...

O alumnado colocarase en forma de roda, de maneira que se podan ver entre eles e elas. Posteriormente, irase pasando un nobelo de la a cada participante, o que finalmente acabará conformando unha gran rede. Cando o neno ou nena teña o nobelo, deberá dicir cal é o seu nome e intentar explicar, a través da mímica, cal é o oficio que lle gustaría exercer cando sexa maior.

A ESTACIÓN

Posteriormente, traballaranse os oficios de zoquería e zapatería. Levarase a cabo a partir dun pequeno percorrido, no que as crianzas camiñarán polo espazo de forma autónoma, onde se disporá de bancos ou mesas cheas dos recursos que empregan as persoas que de dedican a iso. Deste xeito, poderán experimentar libremente cos materiais, observar as fotografías amosadas... Finalmente, poderáselles preguntar cales son as súas inquedanzas, que lles gustaría saber, que dúbidas teñen, etc.

BAILANDO CON ZOCOS

Nesta proposta levarase a cabo un baile, sendo preciso que os/as participantes simulen ter uns zocos postos para poder comezar. Para isto, porase unha canción que conterá diversas melodías: unha máis calmada e outra máis animada. Deste modo, xogarase co volume, e dependendo da parte que soe, as nenas e nenos terán que pisar máis forte ou máis suave, movéndose ao ritmo do son.