VISITA AO MUSEO ETNOLÚDICO de Galicia

Dende o Departamento de Educación Física organizouse unha serie de visitas ao  Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Este museo é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén puidemos ver obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.

Consideramos que o MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para o presente e futuro alumnado do centro.