DESCANSOS ACTIVOS

Durante este curso escolar 2022-2023 realizáronse en algunhas materias nas que se amosou colaboración do profesorado, pequenos descansos activos antes de comenzar as sesións, durante ou ao final destas.

Os períodos curtos de actividade física entre unha clase e a outra activan a maior cantidade posible de áreas do cerebro no alumnado, o que produce maior aprendizaxe e un óptimo rendemento académico. A inclusión da educación física dentro da aula é unha actividade que busca implementarse como ferramenta facilitadora do proceso de ensino-aprendizaxe.

Os chamados descansos activos son períodos curtos de exercicio físico que se poñen en marcha no medio de materias sedentarias coa finalidade de complementar a actividade cerebral, que se estimula coa teoría, cunha práctica. Estes deben durar entre 3 e 5 minutos.