SEMANA BRANCA

Desde o departamento de Educación Física, organizouse unha actividade extraescolar para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO. A actividade realizouse á volta do nadal, na estación de esquí de ASTÚN, situada no Pireneo Aragonés a 33km de Jaca, Huesca. A saída á neve fíxose en colaboración co centro IES Urbano Lugrís de Malpica, veciños da Costa da Morta. Isto provocou que, alumnado do CPIP Cabo da Area de Laxe e alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica, convivisen e colaborasen nunha mesma actividade. 

Os obxectivos foron:

1. Iniciar o alumnado na práctica de actividades de no medio natural e realizar desprazamentos especializados na neve.

2. Favorecer as relacións persoais entre o alumnado de diferentes grupos e diferentes centros a través dunha actividade realizada fora da contorna escolar.

3. Desenvolver actitudes de esforzo e superación persoal, de asunción das propias limitacións, de cooperación e tolerancia, de aproveitamento do tempo libre de maneira activa e de respecto polo medio, entre outros.