GARDAS ACTIVAS

Dende o Departamento de Educación Física tentouse de realizar o maior número de gardas activas posible fomentando a implantación destas entre o profesorado do centro.

Co obxectivo de loitar contra o presente alto nivel de sedentarismo na sociedade actual, dende a area de EF propuxéronse unha serie de actividades e xogos para que o profesorado de garda poidese realizar co alumnado sempre e cando non tiveran tarefas previas. Ao longo do curso 2022-2023 o alumnado de diferentes cursos da Educación Secundaria Obrigatoria puido desfrutar das súas sesións activas cando algún membro/a do profesorado se ausentaba.