ALGÚNS COMENTARIOS ESCRITOS POLO ALUMNADO DE 3º DA ESO
Para ler os comentarios completos clicar aquí.
“Ao chegar, a nosa guía, a propia Nieves foi dicirnos que nos ía deixar ver o que ela chama “o seu mundo”, xa que é a súa vida, o seu fogar e o lugar do que desfruta. Eu pensaba que nolo dicía polo museo, pero logo de dicírnolo, levounos dentro da súa parcela, onde se sitúa a súa casa e o lugar onde están as súas ovellas.”
Carla Alvar Yáñez. 3º ESO
“Nieves ten un museo que era unha casa vella que había diante da súa e que seus fillos mais o seu marido mercaron e reformaron para que ela puidera gardar as súas esculturas feitas con madeira.”
José Ramón Romero Da Silva. 3º ESO
“Na primeira sala atopamos unhas figuras moi pequenas simulando mulleres entrelazándose en harmonía e uns bastóns moi singulares. Entón nós preguntamos de onde lle viña toda a inspiración e ela respondeunos que a ela non lle viña inspiración, tan só retrataba o que a natureza lle suxería.”
Manuela Hernández Seijas. 3º ESO
“A vida no campo é moi menosprezada porque sempre se ve como unha vida pobre e aburrida pero Nieves demostra que non é así xa que esta forma de vida non contamina a natureza, é sostible e perfecta en tódolos sentidos”
Iván García Vicente. 3º ESO
“Na seguinte sala, atopábanse as cousas relacionadas co entroido, entre elas, dous disfraces que ela mesma fabricara para os seus fillos, distintas pantallas de boteiro do seu pobo…”
Pedro García López. 3º ESO
“Dentro do museo a parte de ver as figuras ensinounos a caretas de Quintela de boteiro, ensinounos 7, e díxonos o que pesaba cada unha. Había dende 10 ata 18 quilos”
Jairo Fernández Rodríguez. 3º ESO
“No museo había moitas cousas pero as que máis me gustaron a min foron as máscaras e as caretas de boteiro porque sei o traballo que leva todo o método: pensar o deseño da careta, poñer os ferros, picar o papel e pegalo”
Antón Martínez Guerra. 3º ESO
“Na segunda sala tiña todas as máscaras que fixo dende que un dos seus fillos lle dixo que quería saír de boteiro e ela non podía permitirse pagar todo, entón ela empezou a tallar na madeira ata que lle saíu a primeira careta que tiña alí exposta...”
IRIA VÁZQUEZ CARBALLO. 3º ESO
“Para min esta excursión foi un gran descubrimento, xa que non sabía que algo tan fermoso e interesante se atopaba tan cerca de onde eu vivo”
Laura Hervella Vicente. 3º ESO
“Para min esta excursión foi a mellor que o centro puido facer xa que levo o enroido na miña sangue e é moi interesante o que as mans de unha gran gandeira pode facer”
Joel Cota Blanco. 3º ESO