O Entrudio no CPI Laureano Prieto da Gudiña

O departamento de música, coordinador deste proxecto, tamén imparte aulas no CPI Laureano Prieto polo que se decidiu deixar constancia das actividades que este centro realiza polo Entrudio. As principais actividades son a celebración do Xoves de Comadres e o desfile conxunto do Fulión do CPI Laureano Prieto co Fulión do Tameirón.