ALGÚNS COMENTARIOS ESCRITOS POLO ALUMNADO DE 2º DA ESO

Para ler os comentarios completos clicar aquí

"... o que máis sorprende é que no territorio que conforman Viana, Vilariño e A Veiga, as culturas teñan trazos diferentes, como a forma de vestir os Boteiros ou os toques de folión."

Alicia Rodríguez Cañueto. 2º ESO

"Al principio Minas nos explico un poco sobre lo importante que era cuando se salía vestido de Boteiro: guantes blancos, no llevar zapatillas, llevar zapatos, tener la corbata..."

Carlos Guerra Álvarez. 2º ESO

"Para a próxima teríannos que ensinar como facer a camisa de cintas do Boteiro, que é tamén una das partes máis importantes da nosa personaxe do entroido."

Elena Rego Blanco. 2º ESO

"A min este obradoiro pareceume moi divertido e distinto, porque moitas das actividades que ternos do centro son charlas e eu paseino mellor neste obradoiro que nas outras actividades."

ENZO RODRIGUEZ RUIBAL. 2°ESO

"Eu persoalmente doulle as grazas por ensinarnos unha parte do noso patrimonio cultural, unha cousa que non debemos esquecer."

Filiberto Hernández Seijas. 2º ESO

"... moitas persoas da clase non sabían como se facían estas cousas tan bonitas e era unha pena que non o soubesen porque a case todas as persoas novas e non tan novas de Viana do Bolo, un dos seus soños é poder vestirse de Boteiro e así se o día de mañán queren facer unha pantalla xa saben como facela."

Jose Novoas Domínguez. 2º ESO

" O picado de papel é unha técnica usada na contorna de Viana para decorar tanto a pantalla do Boteiro como o pucho das Mazcaras de Manzaneda."

José Salgado Castro. 2º ESO

"Gustoume moito este taller. Ignoraba como se facían as flores para o casco e ademais pode servirnos para, posteriormente, conseguir elaborar unha máscara de Boteiro."

María Alonso Domínguez. 2º ESO

"Espero que charlas así se repitan moitas máis veces porque son espectaculares e aprendemos moitísimo, e ademais de aprender a facer os traxes aprendemos a respectar a cultura do entroido da nosa contorna que é algo importantísimo, e hai cousas como o entroido que non podemos perder, ternos que conservalo, porque é algo noso."

María Martínez López. 2º ESO

"O outro día faláronnos dun dos entroidos máis antigos e tradicionais, o de Viana do Bolo, ensináronnos o que levan os Boteiros e que antes se atopaban só nas comparsas."

Noa Vaz Macías. 2º ESO