As Comparsas
As Comparsas
Según Pedro Basalo, investigador e membro da Asociación Robreda, as comparsas eran unhas comitivas dramático-musicais que, encabezadas polo Director, nas datas principais do Entrudio visitaban as aldeas para dar unha ronda, ofrecer brindis e representar disputas.
A figura que hoxe chamamos Boteiro provén precisamente destas comitivas nas que recibía o nome de Home de Esquilas. Nos anos oitenta comezouse a xuntar o Fulión con a figura do Home de Esquilas porque as comparsas foron indo a menos e a xente, para que non se perdera, cedía os traxes e as máscaras pasando a figura a chamarse Boteiro.