Xiana Sousa Garrido, alumna de 2º da ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, completa a información do proceso de construción do bombo utilizado polo seu tío Antonio Terrado Pérez.
Imos ao serradoiro e pídese madeira de nogal ou chopo. As táboas que se usan, son normalmente de 3 m. de largo e 0,7 cm. de grosor. O ancho pode variar pero canto máis ancho mellor. A madeira métese nunha artesa a remollo en auga 10/15 días. Cando pasa ese tempo, cócese en auga póndolle calor á artesa por debaixo para que as táboas podan dobrar. Posteriormente, utilízase un tubo de cemento de sumidoiro, que co seu peso servirá para dobrar as táboas de madeira. A táboa queda “abrazada” ao tubo grazas a unhas mordazas que se colocan cada 30 ou 40 cm de distancia unhas das outras, quedando así un mes como mínimo ata que seca. Para facilitar o proceso, pódeselle por calor ou colocalas ao sol.