PREGUNTAS FRECUENTES

Monitores e Actividades

Hai monitores 24 horas? 

Durante os días do festival hai 2 persoas da organización e 2 monitores para todo o grupo de menores de idade, que velarán en todo momento pola seguridade do alumnado desde a súa recepción ata a súa despedida. Os monitores son persoas tituladas en lecer e/ou en modalidades deportivas.

A tutela do grupo é de 24 horas consecutivas e para poder ofrecer este servizo con garantías é imprescindible coñecer a casuística concreta de cada participante que teremos baixo a nosa responsabilidade e, especialmente, daqueles que requiran dunha atención específica. Esta información debe darse a coñecer á organización no momento da inscrición e será rexistrada na ficha de control do grupo durante a estancia. 

Se algún menor de idade non quere ou non pode realizar algunha actividade, Que facedes? 

Sempre se anima ao alumnado á participación activa en todas as actividades propostas. No caso concreto que alguén se negue a realizar algunha delas, non se obrigará a realizala, pero terá que estar presente no lugar xunto co resto do grupo.

Instalacións 

Hai socorrista na piscina? 

O alumnado vai á piscina no horario establecido e acompañado dos monitores. O horario de piscina ten un protocolo de seguridade establecido igual que nas outras actividades. Aínda que as medidas e disposición da piscina non requiren a presenza de socorrista acuático, o alumnado menor de idade sempre vai acompañado polos monitores. 

Saúde 

Cal é o procedemento se o alumnado atópase mal ou se fixo dano? 

En todo momento, os monitores comunicarán ao persoal da organización calquera sospeita ou queixa de saúde do alumnado, así como golpes ou feridas, sexa cal fose a súa gravidade. Será alguén da organización quen planifique a visita ao médico e avise aos pais (no caso dos menores de idade). O centro de Celanova ten un CAP (Centro de Atención Primaria), onde se levará á persoa afectada en caso que sexa necesario, para que o revise o médico. En función do diagnóstico e do tratamento prescrito polo doutor, no caso do alumnado menor de idade, de acordo cos pais, decidirase a continuidade da estancia e o procedemento para seguir. A organización dispón de información exhaustiva do hospital máis próximo e servizos de urxencia para posibles casos graves e un protocolo especial para accidentes, se os houbese. 

Se un menor está a seguir un tratamento compatible coa realización do festival, os monitores serán os encargados de lembrarlle os horarios e as frecuencias da inxesta. Os menores deben asistir ao festival coa medicación necesaria para todos os días e as instrucións por escrito. No caso que a subministración da medicación requira a contratación dun profesional médico ou requira traslados especiais, isto correrá a cargo dos pais ou titores do menor. 

Dispoñedes de menús especiais ou específicos para persoas con alerxias? 

Temos menús previstos para as alerxias máis comúns e coñecidas, só necesitariamos saber as necesidades da persoa participante no momento en que se realice a matrícula. No caso de non ser unha alerxia común ou coñecida, a persoa participante deberá levar a súa propia alimentación. 

Organización 

Onde debemos levar e recoller aos nosos fillos? 

Os pais ou titores deben levar ao alumnado en réxime de pensión completa ao Albergue o día de entrada (31 de xullo) entre as 16:00h e 17:30h. e recollelos o día de saída (5 de agosto) entre as 10:00 e as 11:00 da mañá no Albergue. 

En canto ás persoas participantes sen pensión, deben dirixirse á sala dos Arcos do Mosteiro de San Salvador o día 31 de xullo entre as 16:00h e 17:30h. para realizar a acreditación. E o día 4 de agosto debe recollelos ao finalizar o concerto de clausura.  

No caso de recoller aos menores de idade fóra do horario establecido, débese comunicar á organización. 

Que documentación persoal se debe levar ao festival? 

É de carácter obrigatorio levar o orixinal da tarxeta sanitaria, fotocopia do carné DNI (se o teñen) e a fotocopia do carné de vacinas. Esta documentación débese entregar ao persoal da organización no momento de realizar a acreditación o día de entrada. Ademais, débese entregar as autorizaciones que se descargan no apartado de inscrición.

Que se debe levar se se está en réxime de pensión para durmir no albergue? 

Artigos de aseo persoal (o necesario para o aseo diario), roupa cómoda suficiente para todos os días. Para a piscina: toalla, bañador, chanclas, protector solar e unha mochila para o transporte de todos estes aveños. Un saco de durmir, aínda que o albergue está provisto de sabas, almofadas e mantas. Toalla de ducha. Maleta identificada co nome e apelido. Quedan prohibidas as navallas, coitelos, vídeo consolas, obxectos de valor ou cousas que se poidan danar ou perder, en caso de levar estes obxectos, serán baixo a responsabilidade do participante. 

Como se distribúen as persoas nas habitacións? 

Unha vez pechado o período de inscrición a organización asignará as habitacións, o alumnado sepárase por sexos e agrúpase segundo as idades. No caso que exista algunha preferencia de asociación, se debe indicar no momento da inscrición, no apartado correspondente do formulario de inscrición e intentarase tela en conta. 

Como funciona o procedemento de hixiene persoal? 

Á primeira hora da mañá ou ao finalizar as actividades da tarde, as persoas participantes teñen tempo para a hixiene persoal. Os monitores vixiarán que todos se duchen, que a hixiene sexa a correcta e que a roupa sexa a adecuada. 

Hai un día para visitas dos pais? 

Non hai previstos días de visitas de pais e familiares, pero poderán ver os nenos cada vez que queiran fóra do horario de actividades. 

Cando se pode chamar ao alumnado? Poden levar móbil? 

O alumnado poderá realizar as chamadas telefónicas que queira durante o seu tempo libre. En caso de producirse algún incidente familiar durante o horario de actividades, recomendamos que os pais ou titores se poñan en contacto co persoal da organización para poñelos en contacto co participante e poder xestionalo da mellor maneira. 

Diñeiro 

Podo levar diñeiro? 

Non é necesario levar diñeiro se estás en réxime de pensión completa xa que tes todas as necesidades cubertas. En caso que o participante queira levalo, recomendamos que sexa unha cantidade insignificante e que poida ser xestionada polo mesmo. 

Accesos 

Hai transporte público para chegar ao Albergue? 

Non, só hai transporte ata o centro de Celanova. O Albergue está situado á entrada da Vila e é preciso ir en coche particular ou ben camiñando desde o centro da cidade. O Albergue atópase a 15 minutos camiñando dende o Mosteiro (lugar onde terán case todas as actividades). 

Outros 

Se o menor de idade non se adapta ao festival, Que facemos? 

Como profesionais intentamos facer todo o posible para que o participante se adapte á convivencia con outros compañeiros e á dinámica do festival. A pesar de todo, sempre hai algún menor de idade que estraña. No caso de que a organización considerase que non se pode reconducir, poñeríase en contacto cos pais. Unha vez iniciado o festival non está prevista a devolución do pago nestes casos.