¡GRAZAS POR ESTAR AQUÍ!

Estamos moi contentos de poder presentar unha nova edición do "Festival Hércules Brass Celanova", que organizamos con moita ilusión, responsabilidade e entusiasmo.

Seguimos traballando para que este encontro musical sexa un referente para as novas xeracións de músicos do vento metal, aválannos 10 edicións de experiencia e queremos seguir colleitando éxitos como nas nosas edicións anteriores.

Do 28 de xullo ao 1 de agosto de 2025 queremos que respires música e ilusión connosco, goces de novos concertos, talleres e, por suposto, aprendas e compartas cos mellores profesores de trompeta, trombón, trompa e tuba. 

Organizamos clases maxistrais impartidas por un gran elenco internacional e nacional de profesores, todos cunha gran traxectoria e un equilibrio no seu perfil entre a parte artística e a docente. 

Estamos desexando vervos de novo en Celanova e formar parte desta nova edición.

¡AGARDÁMOSTE!


Hércules Brass