Inscrición

Existe unha única matrícula individual coñecida habitualmente co nome de Alumnado Activo, xa que todos tomarán parte nas sesións de técnica con todo o grupo e nas clases individuais. 

As persoas interesadas en matricularse, deben cubrir un formulario e pagar unhas taxas. Dita matrícula dá acceso a todas as actividades e concertos durante o festival.

Para o mellor aproveitamento das clases, agradecemos que realices a inscrición canto antes para así proceder, coa maior antelación posible, ao reparto de grupos segundo os diferentes niveis.

O prazo da inscrición rematará o día venres 12 de xullo de 2024 ás 14:00h.

Aconsellámosche que completes o teu rexistro canto antes para ter unha praza. No caso de completar a capacidade prevista inicialmente, tamén se recomenda completar o rexistro, xa que quedarás nunha lista de espera por se hai algunha baixa. No caso de que quedes sen praza, devolveráseche a túa inscrición por completo.

Nota: Neste intre as prazas para a especialidade de TROMPETA están completas e pasarás a formar parte dunha listaxe de espera. 

Para acceder ao formulario de inscrición, entre no seguinte enlace:

O alumnado menor de idade deberá enviar por correo a festival@herculesbrass.com o entregar no momento do rexistro o primeiro día: copia do DNI e da tarxeta sanitaria.

Taxas

Matrícula  anticipada (Ata o 30 de xuño de 2024)

510€. Matrícula + pensión completa hotel  (Maiores de ideade. Inclúe aloxamento + comidas)

390€. Matrícula + pensión completa (Inclúe aloxamento + comidas)

290€. Matrícula + media pensión (Inclúe 4 xantares)                                   

220€. Matrícula (alumnado que non se queda a comer nin a durmir)


Matrícula  posterior (A partir do 1 de xullo de 2024)

530€. Matrícula + pensión completa hotel (Maiores de idade. Inclúe aloxamento + comidas)

410€. Matrícula + pensión completa (Inclúe aloxamento + comidas)

310€. Matrícula + media pensión (Inclúe 4 xantares)                                   

240€. Matrícula (alumnado que non se queda a comer nin a durmir)

                      

O aloxamento será no Albergue Municipal de Celanova. O número de prazas no albergue é limitado, así que non esperes ata última hora para inscribirte, a asignación das prazas farase por rigoroso orde de inscrición. No caso de existir algunha preferencia á hora de con quen compartir cuarto, débese indicar no formulario de inscrición no apartado correspondente

O alumnado maior de idade pode escoller entre quedarse no Albergue Municipal ou no Hotel de Celanova. Para máis información, pode consultar as condicións mediante o correo festival@herculesbrass.com. O número de prazas para estes aloxamentos tamén é limitado e se asignará segundo o orde de inscrición. No caso de existir algunha preferencia á hora de con quen compartir cuarto, débese indicar con antelación no formulario no apartado correspondente.

Os xantares realizaranse no Hotel e as ceas nos diversos restaurantes da vila. 

A pensión completa inclúe a manutención e o aloxamento dende o día 29 de xullo pola tarde ata a saída o día 3 de agosto pola mañá:

5 noites de aloxamento (dende o 29 de xullo ao 2 de agosto)

5 ceas (dende o 29 de xullo ao 2 de agosto)

4 xantares (dende o 30 de xullo ao 2 de agosto)

5 almorzos (dende o 30 de xullo ao 3 de agosto)

O alumnado que non teña pensión completa e este interesado en quedar a comer co resto do grupo, debe indicalo no formulario de inscrición, no apartado de media pensión, e ingresar o importe correspondente. Este prezo inclúe 4 xantares: do 30 de xullo ao 2 de agosto. 

NON se poderán reservar días soltos para quedar a xantar.


Pagamento

Unha vez cuberto o formulario, cada participante ten 7 días para facer o pago. Pode facelo  con tarxeta a través da plataforma de pago ou mediante ingreso/transferencia bancaria. Para aquelas persoas que realicen a matrícula anticipada (ata o 30 de xuño, incluido) deberán facer o pagamento durante ese periodo, no caso de facelo a partir do 1 de xullo, aplicarase a tarifa correspondente.

A matrícula considerarase CUMPRIDA unha vez que se envíe o xustificante de pagamento por email a festival@herculesbrass.comNo caso de facer o pagamento a través da plataforma de pago con tarxeta, non é necesario enviar o xustificante de pago.

A anulación da matrícula poderá facerse antes do comezo do festival e devolverase o 100% se se comunica ata o día 12 de xullo (incluído). Unha vez pasada esta data, non será reembolsable.

A organización reservase o dereito de cancelar as clases maxistrais dalgunha especialidade se considera que non se teñen os requisitos necesarios para o seu éxito. 

Transferencia/ingreso 

Triodos BankNº de conta: ES76 1491 0001 22 2090227923Titular: Asociación Cultural XingrosConcepto: Nome e Apelido participante