Os ErasmusDays son unha celebración internacional do programa Erasmus+, que promove a aprendizaxe, a mobilidade e a cooperación entre estudantes, profesorado e institucións de toda Europa.
Durante esta semana, milleiros de cetros educativos comparten experiencias, proxectos e historias Erasmus en máis de 100 países.
a nosa escola tamén o celebramos. Participa no quiz Erasmus e demostra canto sabes sobre o programa na nosa escola. É moi sinxelo:
Escanea o código QR
Responde ás preguntas do quiz
Sortearemos un agasallo entre as persoas que acerten todas as preguntas.
Xa temos gañadores 2025!!!
Queremos dar as grazas a todo o alumnado e profesorado que participou no Quiz dos ErasmusDays# convocatoria 2025. Se tedes curiosidade por saber cales son as respostas correctas teredes os próximos días toda a información colgada no tableiro da nosa zona Erasmus.
Recibiredes un pequeno agasallo!
Durante o curso 2024-2025, na EOI de Ourense leváronse a cabo distintas mobilidades de alumnado dentro do programa Erasmus+. Seis alumnas que participaron nestas mobilidades, xunto coa directora Nancy Casielles e a coordinadora Erasmus+ Carmen Rodríguez foron entrevistadas para o xornal Faro de vigo.
Podedes acceder ao artigo publicado no Faro de Vigo o 10 de setembro de 2025 premendo na imaxe:
O 31 de maio de 2025 o Centro de Formación e Recursos CFR de Ourense celebrou nas súas instalacións un Encontro internacional Erasmus+.
A EOI de Ourense contou cunha ampla representación con diversas ponencias sobre varios aspectos da acreditación Erasmus e sobre os proxectos que se están a desenvolver na escola.
A EOI Ourense foi invitada a participar na mesa redonda "Historias que inspiran: EEOOII que ya están en marcha" dentro dunhas xornadas específicas para as escolas de idiomas organizadas polo SEPIE en Lleida o 23 de maio de 2025. Compartimos mesa redonda coa Escola de Idiomas Jesús Maestro de Madrid e a Escola de Idiomas de Murcia.
Nancy Casielles asistiu á TCA organizada pola Axencia Nacional Erasmus+ de Alemaña que tivo lugar do 21 - 23 de maio de 2025 en Lüneburg.
Ponencia de Nancy Casielles
Aspectos a ter en conta na redacción dun proxecto Erasmus+
(febreiro 2025)
Entrevista na radio. A directora do centro, Nancy Casielles e á profesora de inglés, Alicia del Río invitadas de Onda Cero con motivo dos 25 anos de funcionamento dos programas europeos en Ourense na Escola de Idiomas, para falar dos programas desenvolvidos e os que están a se desenvolver. Centos de alumnos pasaron polas súas aulas nestos 25 anos.
A Consellería organizou as III Xornadas de Ensinanzas de Réxime Especial para falar das oportunidades de internacionalización q se ofrecen ao alumnado nos noso centos.
A directora da EOI Ourense, Nancy Casielles, participou na mesa redonda "A internacionalización a través dos proxectos de innovación da Consellería de Educación".
Xa temos gañadora dos concurso: Laura Peleteiro.
Ademáis queremos dar as grazas a todo o alumnado que participou no Quiz dos #ErasmusDay.
Se tedes curiosidade por saber cales son as respostas correctas tedes toda a información colgada no taboleiro do recuncho Erasmus+.
Para celebrar os #ErasmusDays (14-19 outubro 2024) o Equipo Erasmus da EOI Ourense convídate a participar no Concurso Quiz. Podes deixar as respostas ao quiz na caixa que atoparás no vestíbulo da escola ao carón das preguntas.
O martes 22 outubro ás 16.30 h no vestíbulo da escola sortearase un agasallo entre os acertantes de todas as preguntas.
Aberto a toda a comunidade (alumnado, profesorado, e persoal non docente).
Moita sorte e grazas a todos por participar!!!
Webinario eTwinning
A EOI de Ourense participa o vindeiro xoves 17 de outubro ás 18.30 h xunto coa EOI de Alcoi nun Webinar sobre a colaboración en eTwinning con outras escolas e centros de distintos niveis educativos.
Aberto a todo o alumnado e profesorado interesado en eTwinning, na seguinte ligazón en Webex: bit.ly/4estPTR
Animádevos a asistir!!!
Xornada de Difusión
Certificación de 8 horas de formación. Faremos unha recapitulación dos resultados obtidos a través dos nosos proxectos europeos. Esta é unha oportunidade para que toda a comunidade educativa se informe sobre aspectos como a incorporación dos recursos dixitais ao ensino, a concienciación medioambiental desde a escola ou a conciliación entre estudos e familia no alumnado adulto. Ver programa detallado.
Ofreceremos un xantar na propia escola.
A EOI na prensa. A Escola Oficial de Idiomas forma en Proxectos Europeos.
Este artigo do Faro de Vigo do 25.02.24 faise eco da xornada de difusión celebrada o sábado 24 de febreiro na escola.
A EOI participa na cadena de radio Onda Cero para difundir o evento multiplicador que tivo lugar na escola o 24 de febreiro, así como os novos proxectos Erasmus+ que están a arrancar. Aqui o enlace para escoitar a entrevista completa.