Para que escollades que prato queredes elaborar deixámosvos estos dous recursos. O primeiro trátase dunha presentación de power point na que poderedes informarvos sobre os diferentes alimentos propios de Galicia, distribuídos segundo a pirámide alimenticia, co obxectivo de ter en conta o seu valor saudable, e no segundo recurso, unha páxina na que poderedes atopar tamén diferentes comidas a elexir.
Para aqueles membros do grupo que vaian facer a compra e teñan algunha dúbida de cales alimentos son máis saudables ou cales se integran en cada estadío deixámosvos este vídeo por aquí para que lle poidades botar un ollo.
Ademais para "facer a compra" empregaredes revistas publicitarias de alimentos (que nós, vos aportaremos). Destas revistas colleredes os alimentos que consideredes necesarios para o voso menú, e pegaredelas nalgún folio.
A última parte da tarefa fla dunha exposición, por se elexides as TICS deixámosvos dous recursos sinxelos para facer unha exposición visual. Unha das opción é Google Slides e a outra opción é Canva, tamén disporedes nos ordenadores do programa "Power point".
Na aula teredes acceso a material tecnolóxico como ordenadores e tablets, tamén teredes a vosa disposición tesoiras, pegamento, folios, cartulinas e revistas publicitarias.