Vamos alo!
Para comezar deberedes facer os equipos, recordade que deben ser de 6 persoas, pero no caso de non ser posible (polo numero total de alumnos/as) poderanse facer modificacións no número.
Despois visualizaredes unha presentación que vos aportará información sobre os alimentos típicos galegos e os pratos tradicionais. Ademais levará un recordatorio do valor saudable de cada alimento. Deixámosvola por aquí ao lado ou pinchando no enlace.
Unha vez feitos os equipos e visto a presentación, deberedes dividirvos por parellas. No caso de ter que modificar os grupos, seríades impares, pero non pasa nada. Unha persoa soa tamén o dará feito sen problema.
Tras deixar esto claro, resumimos que habería un equipo, e dentro deste, 3 subequipos. Como gran equipo teredes a función principal, e cada un destes subequipos teredes funcións específicas . A función do gran equipo será:
-Elaborar un menú completo
As funcións dos subequipos serán as seguintes:
-Elaborar as receitas
-Facer a lista da compra e comprar
Recordámosvos que un bo menú está composto por 3 pratos, de aí que cada subequipo teña que elaborar unha receita, facer a lista da compra e comprar. A maiores decirvos que teredes a vosa disposición o material necesario para cumprir as funcións.
Por último deberedes mostrar ao resto de compañeiros e compañeiras o voso menú, cales foron as vosas receitas, e que alimentos comprastes. Isto farédelo mediante unha exposición, tedes liberdade para elixir que medios empregar (Presentación de diapositivas, cartaz, etc).