Esta WebQuest foi deseñada con agarimo pensando nos cativos e cativas de 5º e 6º de Educación Primaria, xa que consideramos que a conciencia social é un valor que se debe adquirir coa maior anterioridade posible, pois os cativos e as cativas do agora serán o futuro de mañá, e está nas súas as mans ese futuro, por eso os debemos formar adecuadamente para que pouco a pouco amplien o seu sentido crítico e valoren o que lles rodea.
Deben ser quen de alimentarse de xeito saudable valorando os productos máis característicos da nosa ancestral cultura, pois a saúde é un dos aspectos máis importantes para levar unha boa calidade de vida e obter os nutrientes que precisamos día a día.
Nivel académico e curso ao que vai dirixida: 5º e 6º de primaria
Área de coñecemento na que se pode encadrar: Ciencias da Natureza
Duración estimada: 2 sesións.
1ª sesión: Farán os equipos, elixirán o menú, elaborarán as receitas e farán a lista da compra.
2ª sesión: Compraran, prepararán a exposición e expoñerán.
Obxectivos xerais :
Coñecer os alimentos e pratos típicos galegos.
Adquirir conciencia sobre a importancia de alimentarse de xeito saudable.
Adquirir habilidades na realización da tarefa proposta.
Empregar as TICS
Traballar en equipo
Competencias:
Competencia dixital (CD): empregan internet como fonte de información, mediante os enlaces que lles deixamos
Competencia en comunicación lingüística (CCL): teñen que leer a información consultada e facer finalmente unha exposición
Competencias sociais e cívicas(CSC): cooperación e traballo en equipo para todas as tarefas.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): deben ser quen de ter iniciativa á hora de realizar a tarefa.
Competencias recollidas no Real Decreto 105/2014, do 4 de setembro , polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivos da materia:
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.
d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
g) Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser quen de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual.
Obxectivos recollidos no Real Decreto 105/2014, do 4 de setembro , polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Imaxes: Todas as imaxes empregadas para elaborar esta Webquest son imaxes de licencia libre obtidas en Freepik
Presentación de Power Point: Esta presentación é de autoría propia e as imaxes empregadas son de propia autoría. Foi realizada no programa Canva
Para máis actividades podes visitar aquí o noso blog.
Autoras: Noelia Fírvida Fernández, Sheila Guzmán Gens e Zaira Ferradás Iglesias.
Referencias:
Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Boletín Oficial del Estado. Madrid, 9 de setembro de 2014, núm. 171, pp. 37406-38087
Licencia: