Nestes últimos anos aumentou notablemente o número de restaurantes e postos de comida doutras culturas como a chinesa, e o seu típico arroz tres delicias ou os seus roliños de primavera, ou a comida turca, co seu gran coñecido kebab.
En efecto, coñecedes diferentes pratos doutras culturas, pero cantos pratos tradicionais galegos coñecedes ou chegástedes a probar? Na seguinte tarefa poderedes familiarizarvos con diferentes productos típicos de Galiza, ou mellor dito, teredes a oportunidade de convertervos nuns futuros expertos e futuras expertas cociñeiras !
Cando finalicedes esta tarefa, e ao longo das seguintes dúas sesións, introducirédesvos de cheo na nosa ampla gastronomía, cun gran obxectivo, que valoredes os nosos fogóns á vez que vos alimentedes de xeito saludable.
Invítovos a que todos e todas desfrutedes desta deliciosa experiencia!
Comezamos!