2.- OBXECTIVOS:
a. Utilizar a literatura como elemento transformador do pensamento individual e social.
b. Ler literatura e atopar nos libros modelos e ideas que ensinen diferentes formas de vida e nos aprendan a respectalas (diversidade familiar, empoderamento da muller, feminismo, liberdade de elección, relación de parella igualitarias…) ou rexeitalas (micromachismos, estereotipos caducos, violencia…).
c. Educar o noso alumnado nun entorno de respecto á diversidade que axude a formar adolescentes e adultos cunha autoestima sa.
d. Explicar e comprender a diferenza entre os conceptos “xénero” e “sexo”, entendendo “xénero” como un concepto social.
e. Educar na diversidade no ámbito da aula, do centro e das familias.
f. Axudar á transformación da nosa sociedade para crear un futuro de convivencia e aceptación das diferenzas.
g. Involucrar os membros do claustro, das familias e dos clubs de lectura da biblioteca do centro e utilizar os seus coñecementos e experiencias lectoras para educar e transformar a nosa sociedade.
h. Influír na concienciación do respecto ao diferente no noso centro e procurar unha mellora na convivencia do mesmo rexeitando modelos de comportamento patriarcais, micromachismos e, por suposto, o uso da violencia.