6. AVALIACIÓN:
A avaliación deste proxecto deberá centrarse nos obxectivos presentados no apartado 2. Polo tanto, non poderán ser avaliados con repostas rápidas por parte das alumnas e alumnos do centro neste curso 2017-2018. Porén, estamos convencidos de que os seus resultados serán visibles a partir do próximo curso non só nas actitudes dos membros da comunidade educativa no recinto escolar, senón tamén na contorna.
O feito de ter involucrados na realización do plan tanto ao propio alumnado, como profesorado e familias, fará que o concepto de educación total active un reflexo exemplarizante en case que todos os ámbitos cercanos aos estudantes e provocará unha imitación positiva.