3. METODOLOXÍA:
A metodoloxía foi eminentemente práctica e centrouse nos seguintes pasos:
1) Distribución entre o alumnado de libros que trataran “xénero e diversidade”. Para iso, utilizamos principalmente o recurso aportado polo CFR de Ferrol da “Maletas para o traballo en igualdade”.
2) Invitación aos membros do claustro para partipar na experiencia aportando as propias lecturas e reflexións.
3) Invitación aos membros dos clubs de lectura da biblioteca do centro para partipar na experiencia aportando as propias lecturas e reflexións.
4) Invitación ás familias con fillos no centro para partipar na experiencia aportando as propias lecturas e reflexións.
5) Lectura dos libros por parellas.
6) Posta en común dos aspectos máis salientables dos libros desde o punto de vista do xénero: personaxes, situación, roles, etc. que axudaran a cambiar a visión sobre o concepto patriarcal de xénero.
7) Gravación dos participantes en pequenos vídeos de dous ou tres minutos que reflectiran as súas lecturas. Os vídeos debían incluir a presentación do libro, una breve sinopse e, o máis importante, una breve explicación de por que creían que o libro era interesante desde o punto de vista da diversidade e o xénero.