7. CONTINUIDADE DO PLAN:
A idea de continuidade do plan para o curso 2018-2019 debería incluír o traballo interdisciplinar nas distintas áreas e materias do noso centro, ben na aula ben en actividades complementarias e extraescolares, así como a ampliación da participación das experiencias aos diferentes ámbitos da nosa contorna e da sociedade en xeral, comezando no ámbito máis próximo e ampliándose: exprofesorado, exalumnado, Universidade, Concello, mundo laboral, xubilados, etc.