Debuxamos unha paisaxe imaxinario en 360º!
Debuxamos unha paisaxe imaxinario en 360º!
Imos crear unha paisaxe en papel que se poida ver como se estivésemos dentro dela, coma nun espazo de realidade virtual (VR). Para iso, usaremos unha plantilla especial chamada plantilla equirectangular, que permite facer debuxos que envolven completamente o espectador.
Observamos exemplos de paisaxes en 360º do alumnado de 2 ESO ,FEITO CO GIMP, nós o imos facer con lápis de cores
Imos imaxinar unha paisaxe (pode ser real, imaxinaria ou futurista).
Facemos un boceto nun caderno para organizar as ideas.
Pasamos o debuxo á plantilla e coloreamos con lápis de cores.
Exporémolo na aula
A imaxe está pensada para envolver: o que debuxes no lado dereito debe continuar no lado esquerdo.
O centro da plantilla é o que temos xusto diante, e os extremos están detrás de nós.
É importante repartir ben os elementos (ceo, terra, río, árbores, casas, montañas...).
A plantilla equirectangular (que che daremos impresa).
Lapis, goma, regras.
Lapis de cores ou ceras.
Que o debuxo teña sentido nun espazo en 360º.
Que sexa creativo e orixinal.
Que estea ben rematado e coloreado.
Que mostres interese e coidado durante o proceso.
EXEMPLOS