DESCARGAMOS INSTA 360
https://www.insta360.com/es/download/hot-download
Preparación antes de comezar
1.1. Comproba que os teus clips son 360 reais
Os ficheiros adoitan ser .insv (Insta360) ou mp4 equirectangular 2:1. Se xa son 360, verás a imaxe “estirada” tipo panorama no visor.
1.2. Crea un cartafol de traballo
Garda nun mesmo cartafol todos os clips, música e recursos. Isto evita que o proxecto “perda” arquivos.
1.3. Recomendación de rendemento
Se o teu ordenador vai lento, máis adiante podes activar proxys. Para comezar, podes traballar con “Sin proxy” e cambialo cando o precises.
*Un proxy é unha copia lixeira dun vídeo que se usa para editar máis rápido, mentres o vídeo orixinal se conserva para a exportación final.
Abre Insta360 Studio
Preme Nuevo proyecto
Na xanela de configuración escolle:
Nome
O que queiras (ex. Curta_360)
Camiño
O cartafol do proxecto
Ratio
2:1 (Panorama 360°)
Isto é obrigatorio. Se non, non será 360 real.
Fotograma
Emparejamiento automático
A ONE X3 grava todos os clips co mesmo fps, así que funciona ben.
Rendemento
Sin proxy (para comezar)
Preme Confirmar
Vai á pestana Media
Arrastra os ficheiros .insv á biblioteca
Insta360 Studio:
recoñéceos automaticamente como 360
aplica stitching correcto da ONE X3
*Coa Insta360 ONE X3 e ficheiros INSV, o stitching faise automaticamente en Insta360 Studio) stitching(cosido)
Arrastra o primeiro INSV á liña de tempo
Arrastra os seguintes clips un tras outro
Xa tes un proxecto 360 con varios clips encadeados
Isto NON se pode facer no móbil, só aquí.
Selecciona un clip na liña de tempo
Arrastra os bordes para cortar inicio ou final
Non se perde 360 nin calidade
Recortar en 360 é como decidir cando entra e sae o espectador do espazo.
Por defecto, cada clip pode comezar mirando a un sitio distinto.
Selecciona un clip
Na columna dereita, vai a Video → Reorientar
Move a imaxe ata decidir:
onde queres que mire o espectador ao empezar o plano
Repite en cada clip se é necesario
Isto é clave para:
continuidade
sensación de control
non desorientar ao público
Reorientar serve para:
evitar que cada plano empece mirando a un lado distinto
dar continuidade entre clips
guiar a atención do espectador
evitar desorientación en 360
É como dicir:
“Aquí está o escenario principal, empezamos mirando aquí”
Vai a Transiciones
Arrastra unha transición entre dous clips
Recomendación para 360:
fundido
transición curta
evita efectos bruscos
O 360 non tolera ben cortes agresivos.
Vai a Música
Arrastra unha pista á liña de tempo
Axusta duración e volume
Vai a Texto
Arrastra un título
Usa texto curto e claro
Consello
En 360, o texto non sempre se ve. Mellor pouco texto e ben colocado.
Se a reprodución vai a saltos:
cambia Rendemento a modo con proxy
deixa que se xeren
Os proxys:
non baixan a calidade final
só facilitan a edición
Preme Exportar
Comproba:
Formato
MP4
Ratio
Debe manter 2:1 (Panorama 360)
Resolución
Segundo orixe da ONE X3 (5.7K recomendado se o equipo o soporta)
Inicia exportación