Formación noutros centros educativos
FCT
Estadías para recén titulados
Jobshadowing
Visitas a centros e empresas
Cursos de formación
Durante os meses de Abril, Maio e Xuño do 2024, recibimos no noso centro a alumnado das especialidades de Informática e Guías da Natureza procedentes de Haapsalu, en Estonia. Viñeron realizar 4 semanas de prácticas en empresas colaboradoras nosas. E tamén acollimos a profesorado estonio e lituano, cos que establecimos as bases para unha colaboración que se proxecte nos seguintes cursos e que permita ao noso alumnado facer prácticas aló cunha beca Erasmus
A través do Consorcio da Deputación de Pontevedra, durante este curso 1 docente de Ciclos Medios ou Formación Profesional Básica, poderá optar a unha beca Erasmus para realizar unha formación ou jobshadowing. Os candidatos son:
PODEDES ENVIAR A VOSA SOLICITUDE ATA O 21 DE ABRIL ÁS 12:00.
Neste curso, prímanse os docentes sen experiencia no Erasmus e cambia a puntuación de méritos
Anexo II - Solicitude e Certificado de titulariedade bancaria
O noso compañeiro Fernando Varela foi de misión a Chemnitz, en Alemaña, para ir preparando as próximas mobilidades dos nosos alumnos da familia de Administración e de Informática. Xa está todo listo, tanto empresas como aloxamento e loxística diversa. Grazas, Fernando!
María Franco, de Administración, Manuel Chorén, representante do equipo directivo, e Alicia Rodríguez, coordinadora Erasmus, viaxamos a Creta para xestionar un intercmabio de estudantes con Heraklion. Ademais, conseguimos acordos con Azaambuja e Serbia, a maiores das empresas que nos facilitaron na Cámara de Comercio
O noso compañeiro de Informática Eladio Rial tivo a oportunidade de coñecer o proceso produtivo e as necesidades de persoal de varias empresas de Hamburgo e Bremen. Visitou Gamesa-Siemens, a empresas de Business Intelligence DWS e a compañía Sternico GmbH, que oferta solucións informáticas para empresas relacionadas coa mobilidade: compañías ferroviarias, fabricantes de coches, enerxías renovables... Ademais de aprender moitísimo, Eladio tamén conseguiu contactos para poder ofertar prazas de prácticas para o noso alumnado que aproveite o programa Erasmus+ coa fin de conseguir unha mellor empregabilidade e vivir unha experiencia vital inesquecible
O noso compañeiro de Informática, Álex Basoa, viaxou a Dublín dentro das oportunidades Erasmus. E poñendo ao día o seu inglés!
Iván, de Administración, e Marcos e Manuel de Informática, estiveron visitando e coñecendo empresas e institutos na zona italiana de Martina Franca
E Marta, de Administración, tamén tivo unha semana moi ocupada procurando prazas para os nosos alumnos no Véneto
Xa temos seleccionados os alumnos de FP de CM e Básica que empezarán en Xaneiro unha estadía de prácticas de longa duración. Ademais de Marco Polo Piña, de FP Básica de Informática e Comunicacións que elixiu Malta como destino, seleccionáronse este mes de novembro a:
Estes alumnos terán a posibilidade de aproveitar o proxecto do 2023, que remata a 31 de Maio e o proxecto Erasmus do 2024.
O noso alumnado podería realizar prácticas en empresas de Italia, Malta, Alemaña, Portugal...
CONSULTA AQUÍ AS ACTAS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO DE CICLO MEDIO QUE ACCEDE A UNHA BECA DE TITULADO DURANTE O VERÁN
Este mes de Novembro seleccionamos os candidatos para aproveitar as últimas mobilidades para Titulados de CM e FPBásica que partirán co proxecto Erasmus do Consorcio da Deputación de Pontevedra. Estes son os criterios de selección
E xa temos candidatos (podedes acceder na imaxe as actas provisionais e definitivas) para poder acceder a becas Erasmus de prácticas co novo proxecto Erasmus 2024 do Consorcio da Deputación de Pontevedra
Este mes de Novembro seleccionamos os candidatos para aproveitar as últimas mobilidades para Titulados de CM e FPBásica que partirán co proxecto Erasmus do Consorcio da Deputación de Pontevedra. Estes son os criterios de selección
Aquí publicamos as Actas Provisionais e Definitivas de candidatos a participar nas últimas prazas do proxecto Erasmus 2023, que finaliza o 31 de Maio do 2024
O Comité de Valoración acordou o 9 de maio a listaxe DEFINITIVA de candidatos seleccionados para solicitar unha beca Erasmus de titulados de VET.
Foron seleccionados o 15 de Decembro, de CM de Sistemas Microinformáticos e Redes:
Íker Antonio Prieto Pezo
Mario Abal Martínez
E con data 9 de Maio, os títulados en Formación Profesional Básica da familia de Informática e Comunicacións:
Marco Polo
Natalia Nine
Adxuntamos a ACTA PROVISIONAL de candidatos seleccionados e baremados que poden optar á solicitude dunha oportunidade Erasmus de Longa Estadía a través do Consorcio da Deputación de Pontevedra.
Os países de destino solicitados son:
Grecia
Italia
Alemaña
Países Baixos
Para todos os candidatos, a seleccción seguirá uns criterios que tendes desenvolvidos no documento adxunto á dereita. Pero vos resumo os factores de selección:
Asistencia ás clases lectivas e conduta (ata un máximo de 1 punto)
Expediente académico (ata un máximo de 2 puntos)
Coñecemento de idiomas (ata un máximo de 2 puntos)
Méritos (ata un máximo de 1 punto)
Entrevista persoal (ata un máximo de 2 puntos)
Tipoloxía de alumnado (2 puntos)
QUERES MELLORAR PROFESIONALMENTE? BUSCAS COMO AUMENTAR A TÚA FORMACIÓN? UN DOS TEUS OBXECTIVOS E MELLORAR A TÚA COMPETENCIA EN LINGUAS EXTRANXEIRAS? E, SOBRE TODO, QUERES VIVIR UNHA EXPERIENCIA ÚNICA QUE TE CAMBIARÁ PERSOAL, ACADÉMICA E LABORALMENTE? ISTO É PARA TI!
Abrimos nova convocatoria para selecciónar estudantes recén titulados, tanto en CM de SMR, CM de XEAD e FPB Informática e maiores de idade.
Só tendes que escribirnos a cotareloerasmus@gmail.com e incluír:
Datos persoais: nome completo, data de nacemento, teléfono, mail e curso no que titulas
Elixe país de destino
Adxunta o teu DNI e o CV Europass (en inglés, que non habería nin que dicilo)
Nivel de idiomas
O Equipo Erasmus porase en contacto contigo e concertaremos unha cita para entrevistarte e tramitar todo o papeleo que che permitirá optar a unha beca Erasmus de longa estadía. XA ESTÁS TARDANDO!
Abrimos NOVA CONVOCATORIA! Só tes que enviar a túa solicitude ao cotareloerasmus@gmail.com e nós guiarémosche paso a paso. Ti elixes país, que xa nós buscamos empresa para ti. Recibimos candidaturas durante Febreiro.
A alumna María Lojo Bermo, do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, foi a seleccionada para realizar unha estadía de prácticas de 180 días grazas a unha Beca Erasmus. Estas becas están tramitadas a través do Consorcio da Deputación de Pontevedra. María, agardamos un diario da túa experiencia para esta Sites!
Son mobilidades de longa estadía (entre 5 e 6 meses) en calquera país da Unión Europea para realizar prácticas profesionais. Os únicos requisitos son TER 18 ANOS e SER TITULADOS. Non se requiren idiomas pero serán incluídos nos méritos. O Consorcio xestiona as prácticas e facilita información sobre aloxamento, ademais de poñer en contacto a todos os estudantes que vaian aos mesmos destinos. Unha oportunidade que non podedes perder! Escribide a cotareloerasmus@gmail.com deixando os vosos datos de contacto!
O noso alumnado de 2º de FP, de todos os ciclos e niveis, dende a FPBásica ata Superior, tivo a ocasión de informarse sobre as oportunidades para realizar prácticas en empresa, de curta ou longa duración, cunha beca Erasmus.
Contamos coa colaboración de Alberto Nogueira, coordinador Erasmus do IES Asorey de Cambados, que veu acompañado de 2 alumnos, un de FPBásica e outro de ciclo medio. Os estudantes compartiron con nós as súas experiencias en Malta: 8 meses de estadía, traballando na empresa e coñecendo xente nova de toda Europa. Altamente recomendable!
Tendes máis información na aula virtual do Erasmus!!!
A empresa Cultura e Dintorni, unha das intermediarias da Xunta de Galicia, propón estes paquetes para mobilidades (jobshadowings) do profesorado en Italia e Malta.
O obxectivo destas mobilidades, ademais da EXPERIENCIA ÚNICA, é conseguir contactos nas empresas que poidan acoller alumnado facendo a FCT ou recén titulado. Networking a tope!
As mobilidades Erasmus para profes tamén se poden solicitar para formarnos en novas habilidades, metodoloxías, competencias técnicas e lingüísticas... A oferta é amplísima.
Case todas as ofertas de cursos aparecen en ETwinning pero tamén hai axencias que xestionan cursos Erasmus en diferentes países. Adxunto un catálogo, por se atopades algún que vos atraia.
Con data 9 de maio, o Comité de Valoración acordou seleccionar, logo de transcurrir o periodo de alegacións, a dous alumnos da FPBásica.
Reunido o comité de mobilidade a 10 de abril, acorda publicar a selección PROVISIONAL de alumnados titulados en CM e FPBásica que optan a unha mobilidade Erasmus de longa estadía a través do Consorcio da Deputación de Pontevedra. Pódese consultar a Acta no documento adxunto.
Poden presentarse presencialmente, na Coordinación Erasmus, ou a través de correo electrónico no seguinte enderezo: cotareloerasmus@gmail.com