Participación do IES Armando Cotarelo na Training Cooperation Activity “Embrace Inclusion & Diversity in your Erasmus+ projects – E+ Inclusion support measures” en Brugges
O noso compañeiro Fernando Varela participou no encontro europeo “Embrace Inclusion & Diversity in your Erasmus+ projects – E+ Inclusion support measures”, celebrado en Bruxas (Bélxica)… ¡e fíxoo como único representante de España!
A súa asistencia foi posible gracias á participación e o apoio do SEPIE que facilitou a súa presenza nesta Actividade de Formación e Cooperación.
Durante varios días, docentes de diferentes países europeos compartiron experiencias, ideas e ferramentas para mellorar a inclusión e a diversidade nos proxectos Erasmus+. Fernando puido asistir a presentacións, grupos de traballo e visitas centradas en como facer que todos os estudantes, especialmente os que o teñen máis difícil, poidan participar plenamente nestes proxectos internacionais.
Ademais de traerlle ao Cotarelo novas ideas, estratexias e recursos, a súa participación permitiu darlle visibilidade ao traballo que facemos no centro. Tamén estableceu contactos con profesorado de distintos países, o que abre a porta a futuras colaboracións e proxectos conxuntos.
Estamos moi orgullosos de que o IES Armando Cotarelo estivera presente nesta formación internacional, e de que o noso centro fora a voz española nun encontro europeo tan importante sobre inclusión, diversidade e oportunidades para todos.