Que é o Erasmus
O Erasmus é, sobre todo, unha oportunidade. E unha experiencia, e unha aprendizaxe e si, tamén moita, moita, diversión. Logo de conseguir a Acreditación tanto en VET (Ciclos Medios e Básica) como en Superior, o Cotarelo comeza o curso con 2 proxectos novos, ademais de seguir dentro dos Consorcios que nos permiten ofrecer moitas máis oportunidades ao noso alumnado.
Se queres participar no Erasmus, este é o teu momento. Escríbenos a cotareloerasmus@gmail.com Dinos se prefires unha beca para titulados, de prácticas ou mobilidade en grupo, o nome e o curso e cubre o Anexo II cos teus datos (atoparalo na Sites).
Durante a semana do 13 ao 18 de Octubre celebramos no noso IES os Erasmus Days. Actividades moi diferentes para dar a coñecer os nosos novos proxectos Erasmus, tanto para Ciclos Medios e Básica, como para Educación Superior, que tivo o seu acto central no encontro con alumnos becados en anos anteriores. Compartir experiencias é o que máis nos une! Fai click aquí e coñece máis sobre os Erasmus Days!
Coa Carta ECHE dende o pasado curso, iniciamos os Erasmus para Educación Superior. Isto significa que, dende este verán, os nosos estudantes de Ciclos Superiores e titulados poderán aproveitar as becas Erasmus para estadías en empresas e organizacións da UE
Why do we participate in Erasmus? Because is a GREAT opportunity, an incredible way to change the world. We look for a better education for a better society. And how can we achieve that amazing objective? Working in 3 axes:
Inclusion. Or all, or none. Every one has skills, knowledge and values to improve our world so is our duty to provide opportunities for each student, whatever their circumstance.
Sustainability. The only way to stay in the world, to live. Caring for our environment and being aware of our decisions every day should be our way of behaving.
Digitalization. Offering more opportunities for employability and taking advantage of digital tools to create a greener world.
Para que existimos e ata onde queremos chegar?
Innovación, emprendemento, Erasmus
O equipo Erasmus
Somos uns docentes apaixoados por conseguir que os nosos estudantes teñan as mellores oportunidades en todos os eidos vitais. Por iso, lanzámonos ao Erasmus. E, no noso equipo, estamos nós -Fer, Alicia e Chorén- pero, sobre todo, están todos os nosos alumnos. No noso equipo, estás ti!
Cóntanos a túa experiencia
Na nosa newsletter atoparás relatos de primeira man, dos nosos estudantes que saíron ao mundo e volveron para mudar o noso. Non perdas a guía do Erasmus do Cotarelo e a información básica que deberás ter en conta. Pincha aquí!