As metodoloxías emprendedoras son de aplicación a (case) todos os eidos da nosa vida. Tamén serven á hora de definir os nosos proxectos Erasmus. Para definir o noso proxecto sobre inclusión dixital do alumnado de adultos plantexamos os obxectivos SMART, específicos, medibles, alcanzables, relevantes e acotados no tempo.
Para conseguir que un proxecto chegue a bo porto, o primeiro que temos que facer é ter moi claros os nosos obxectivos (xa os vistes arriba) e, a partir deles, deseñar un proxecto moi apegado á realidade: á realidade da nosa contorna, á realidade dos nosos alumnos, á realidade do centro.
Esta enquisa é un das ferramentas que empregamos para que toda a experiencia Erasmus dos nosos estudantes adultos veña chea de coñecementos e proveito. Precisamos coñecer o punto do que partimos e as aspiracións de todos aqueles que, dun xeito ou outro, participan no Erasmus. Se ti es un dos nosos aspirantes a participar neste proceso, cubre esta enquisa, e sen tardar!
Queremos ter éxito, si, pero tamén queremos gozar do camiño, de cada paso do proxecto.