A nosa primeira incursión nos Erasmus foi este K2. Un proxecto como socios coa Västbergaskolan de Estocolmo (Suecia), a TalentenSchool de Turnhout (Bélxica) e a ecoescola Pé da Calheta de Madeira (Portugal). Tiñamos un obxectivo claro: conseguir ser máis ecolóxicos na nosa vida diaria, empezando polo propio centro escolar. Se vos interesa o que estamos a facer, seguide lendo.
Dende que comezamos este periplo polo GoGreen, os nosos estudantes comezaron a coñecer e investigar sobre novos conceptos. E a decatarse de que todos nós deixamos pegada. Pegada ecolóxica. E podemos, coas nosas accións e decisións, axudar a reducila
A última das nosas mobilidades dentro deste proxecto foi a Calheta (Madeira). O tema: a economía circular. Durante a mobilidade, o noso alumnado, ademais de convivir cos estudantes belgas, suecos e lusos, participaron en diferentes obradoiros onde se incidiu na capacidade que ten a economía circular para cambiar o mundo e revertir o cambio climático. Ademais de presentar o traballo realizado previamente en cada centro escolar, os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer a cultura e as increíbles paisaxes da Madeira e practicar actividades acuáticas.
The last of our mobilities within this project was Calheta (Madeira). The topic: circular economy. During the mobility, our students, in addition to living with Belgian, Swedish and Portuguese students, participated in different workshops where the capacity of the circular economy to change the world and reverse climate change was emphasised. In addition to presenting the work previously done in each school, the students had the opportunity to get to know the culture and the incredible landscapes of Madeira and to practice water activities.
O noso proxecto está a ter unha gran repercusión nos medios de comunicación. Unha demostración máis do valoradas que están as competencias transversais dentro do sistema educativo
Our last stop on this GoGreen journey is Madeira. This mobility is focused on the promotion of recycling and reuse and, to prepare for it, our students are working in workshops to reconvert old jeans into bags, bibs, notebook covers... They are also recovering glass containers to design vases, candle holders and decorative objects. If you want to learn about the importance of the circular economy, join us!
Comezou aló polo mes de Maio do 2022 en Estocolmo. Traballamos sobre lugares vulnerables debido ao cambio climático. Como podiamos constatar que estamos a experimentar un cambio climático? Como afecta iso ao noso contorno? Afecta en todos os países do mesmo xeito?
Continuamos no mes de Novembro en Turnhout, falando das enerxías renovables e examinando alternativas enerxéticas. O obxectivo é convertirnos en consumidores conscientes e responsables.
Xa en Abril, recibimos en Vilagarcía aos nosos colegas. Desta vez, analizamos a pegada ecolóxica e revisamos as nosas decisións de consumo. Promover o produto local, evitar desprazamentos innecesarios, eliminar certos produtos da nosa cesta da compra pode axudar á nosa economía e, sobre todo, ao medioambiente.
Rematamos esta fantástica aventura en Madeira, traballando coa economía circular en aras de acadar un mundo cada vez máis sustentable. Por que tanto mercar, mercar, mercar e non mudar para o usar, reparar e recuperar?
Västbergaskolan ESTOCOLMO, MAIO 2022
Talentenschool, TURNHOUT, NOVEMBRO 2022
IES Cotarelo VILAGARCÍA DE AROUSA, ABRIL 2022
Escola Pé da Calheta, MADEIRA, OUTUBRO 2023
Within 2 days, we travel with our students to Turnhout, in Belgium, to carry on working in our #ErasmusPlus projecto #GoGreen. Very excited!
Como segunda parada dentro do noso proxecto GoGreen, partimos rumbo a Turnhout, no norte de Bélxica. Alí estivemos unha semana analizando o impacto do uso das enerxías renovables, o proceso de transición enerxética e que dispositivos podemos empregar no noso día a día para facer da nosa actividade cotiá unha vida sustentable e ecoloxicamente responsable.
A concienciación, as habilidades comunicativas, a diversión e a aprendizaxe estiveron presentes cada un dos nosos días en Bélxica. Unha experiencia inesquecible para os nosos alumnos e si, tamén para o profesorado involucrado no proxecto Erasmus.
Os nosos alumnos compartiron durante unha semana experiencias e aprendizaxes cos alumnos suecos, belgas e lusos cos que formamos este proxecto. O tema, lugares vulnerables. Durante 5 días os rapaces analizaron o impacto do cambio climático sobre varios espazos naturais suecos e compararon os efectos do quecemento global en cada país dos participantes na mobilidade. Como resultado, presentaron unha serie de conclusións e propostas para revertir a situación.
Pero claro, tamén tiveron tempo de descubrir o sistema educativo de Suecia... E de divertirse!