Coordinado por Antonio Frade, este curso o traballo tiña tres fases:
2.- Unha segunda fase consistente no adecentado dun dos muros do patio con pintura e colocación de macetas onde despois puxemos flor, concretamente ciclamen.
3.- E unha última con traballo de natureza interior, consistente na búsqueda de cadros con motivos de natureza que tras ser estudiados desde o punto de vista artístico foron expostos de xeito permanente nos corredores do centro e adornados con pranta natural de interior (violeta africana, cactus…).
Nesta actividade de xeito continuado participaron 5 alumnos en diferentes horarios, aínda que destacaron os martes ao mediodía como momento de reunión.
Igualmente, pero de xeito máis discontinuo, grupos-clase baixaron ao horto en horas de titoría e nalgún caso, a Xefa de Estudios determinou como medida correctora a algún alumno disruptivo a axuda puntual en tarefas de limpeza no horto.