Temos concedido o permiso para proxectalo no noso centro, para o noso alumnado de 4º e 1º de Bac.
Temos concedido o permiso para proxectalo no noso centro, para o noso alumnado de 4º e 1º de Bac.
Os Museos Científicos presentaron o pasado mes de novembro en a Coruña a representación teatral «El enigma Agustina».
O triformato «El enigma Agustina» foi premiado co Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2019 na modalidade de mellor proxecto singular. Acumula moitos premios internacionais mais.
A obra conta a historia de Agustina Ruiz Dupont, nacida en Almuñécar a finais do século XIX e criada en París, onde se licenciou en Física e se converteu nun personaxe de primeiro nivel desde o punto de vista científico. Agustina, nun momento da súa vida, abandona todo e dedícase a percorrer os pobos de España para explicar a ciencia dunha maneira innovadora, a través de cancións populares coa letra adaptada a un contido científico.
A película, rodada en Granada, París e Madrid, aborda algúns dos fitos científicos máis relevantes ocurridos en Europa no primeiro tercio do século XX, facendo especial fincapé en disciplinas como a relatividade xeral, a mecánica cuántica e a cosmoloxía. Tamén permite redescubrir un periodo da historia recente no que España estivo preto da vangardia científica -a chamada idade de prata da ciencia española- gracias ao traballo da Junta de Ampliación de Estudios (JAE) e á dedicación de personas como Blas Cabrera, Julio Palacios, Enrique Moles José Castillejo ou Felisa Martín Bravo.
Igualmente, este proxecto audiovisual aborda a loita da muller por acceder á carreira científica en España e reivindica algunhas das figuras da época.
A película foi financiada pola Fundación Española para la Ciencia (FECYT-Ministerio de Economía, Industria y Competitividad) e conta coa colaboración da Sociedad Española de Astronomía, a Consejería de Cultura de la Junta de Andalucía e ol Instituto Andaluz de la Mujer.