Proxecto inclusivo no que participamos con actividades de Música e Tecnoloxía, colaboramos có CEE Nª Sra de Lourdes (Aspronaga), có CEE Elviña (Aspanaes) e a Fundación ONCE. Compartimos aprendizaxes, ensaios e actividades (concertos, demostracións, etc).

Máis información na web do proxecto https://paztecnoloxia.wixsite.com/desenoeson

e nas redes en Twitter @DesenoE en Instagram @desenoson

Algunhas das actividades destacadas realizadas durante o confinamento para Deseño e Son:

Fichas Braille-

investigación para o deseño de fichas que axuden a aprender a linguaxe Braille (tanto a invidentes como as personas do seu entorno). Alumnado de 3º coordinou o proceso de deseño no que participou alumnado de diferentes cursos e a selección dos deseños óptimos en colaboración coa ONCE. As fichas e soportes finais serán compartidas libremente para quen queira facer copias, donadas á ONCE e presentadas en diferentes eventos no vindeiro curso.

Planos para tocar-

dando continuidade aos planos de teatros táctiles e impresos en 3d no curso pasado un grupo de alumnado de 3º de ESO está a colaborar coa ONCE na reproducción simplificada de planos táctiles de dous centros educativos da cidade para uso dos seus alumnado invidente.

Ambos proxectos se seguiron no confinamento e serán presentados en eventos de tecnoloxía, forman parte do proxecto inclusivo Deseño e Son. (A información e os arquivos para descarga estarán na web do proxecto Deseño e Son).

Materiais con Pictogramas para personas TEA

Alumnado de Tics 1 e 2 de Bacharelato elaborou materiais con pictogramas como elementos de axuda á comunicación: historias sociais, guías visuais, apps e videoclips.

En todas estas actividades contamos coa colaboración de especialistas e coa coordinación da profesora de música Isabel de la Puente.

Os materiais (guías e apps) estarán disponibles para descarga na web do proxecto Deseño e Son, os videoclips están na canle de YouTube.

Estas actividades foron desenvoltas online e en grupo, en confinamento.