Deseño e Son é o noso proxecto inclusivo, da Asociación Cultural Zalaeta, subvencionado pola Fundación Emalcsa.

Proxecto seleccionado para a OSHWDem 19. Na presentación na Domus recibimos moitos parabéns da organización (Bricolabs) e dos asistentes e poidemos aprender e coñecer moitos proxectos mais.

Presentamos os nosos traballos de impresión 3d, e compartimos o día con outros makers expositores.

Día de moitas preguntas, e de moita xente que quixo tocar e probar os deseños.

Alumnado de 3º e 4º de ESO participou cos profesores Carlos Lorenzo, Ramón Pasandín, Tono Frade, Xosefa Castro, Jay Wright e Paz Freire. Compartimos a xornada cós nosos socios no proxecto do CEE Lourdes (Aspronaga) coordinados por Felo Couto. Xurdiron moitas ideas e novas colaboracións. A xornada foi moi positiva e enriquecedora.

Rematamos o día coas pilas cargados e coa festa maker (música, comida e dinosaurios incluidos).

os-dinos(720P).mp4