Scratch é unha linguaxe de programación por bloques moi visual e adecuada para que os rapaces comecen a usar a lóxica da Informática na programación, dando pe a que logo se adentren na robótica educativa.
Este curso pareceunos a excusa perfecta para que pais, nais e fillos/as se reúnan en torno ó ordenador ou tablet para facer xogos e mellorar as súas aptitudes informáticas.
Presentación en formato descargable e e imprimible, compatible con calquera dispositivo moderno.
Estudo de Scratch con 6 leccións guiadas sobre todo o aprendido no curso.