A aula CeMIT de Ames ten como tarefas:
A impartición de toda clase de cursos relacionados coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), especialmente centrados nos grupos de poboación menos integrados na tecnoloxía (nenos e maiores)
Tutorías sobre os cursos impartidos
Resolución de dúbidas dos nosos usuarios sobre calquera temática relacionada coas TIC
Promoción das TIC con outro tipo de actividades coma videoconferencias sobre temáticas moi abiertas (Informática, vida saudable, dereitos do consumidor...)
Colaboración nos exames CODIX (Competencias Dixitais en Ofimática)
Durante os últimos anos a aula de Ames posicionouse coma unha das máis activas de Galicia tanto en cantidade de actividades (cursos e videoconferencias) coma no nivel de participación e implicación dos seus usuarios.
Tamén é moi destacable a alta puntuación que obtemos regularmente nas enquisas que se realizan ó alumnado, cunha media superior ó 9 sobre 10 en prácticamente todos os aspecto evaluados.