A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa creada pola Xunta de Galicia coma proxecto clave na súa estratexia de inclusión dixital da comunidade.
Esta rede, integrada por 98 centros en toda Galicia, caracterízase pola impartición de actividades formativas no campo da alfabetización dixital, a capacitación dixital e a innovación social dixital.
O Espazo Multimedia de Aprendizaxe é a nosa plataforma de teleformación con cursos de todo tipo e para todos os niveis de aprendizaxe:
Prevención de riscos laborais
Mecanografía con Klavaro
Control parental e seguridade informática
Uso de diferentes tipos de dispositivos: libro dixital, tableta, móbil, cámara dixital...
Formación a empresarios e emprendedores
Administración electrónica
Redes sociais
Ferramentas creativas: OpenShot, Audacity, Gimp, Scribus...