Dende esta sección ofrecemos un acceso centralizado e sinxelo ós nosos cursos telemáticos.
Ademáis dos vídeos da nosa canle en YouTube tamén podedes empregar as presentacións interactivas e en formato PDF e outro material adicional cando o curso o requira.
Seminarios curtos adicados a introducir e profundizar en ferramentas útiles para o periodo de corentena:
Asistencia remota,
Videoconferencia
Converter o noso móbil nunha cámara web
Reproducción de vídeos sincronizada entre diferentes dispositivos
Outros recursos interesantes
Seminario centrado na introducción dos diferentes sistemas de identificación na Administración Electrónica:
DNI electrónico
Certificado da FNMT
Cl@ve
Chave365
Scratch é unha linguaxe de programación por bloques moi visual e adecuada para que os rapaces comecen a usar a lóxica da Informática na programación, dando pe a que logo se adentren na robótica educativa.
Este curso pareceunos a excusa perfecta para que pais, nais e fillos/as se reúnan en torno ó ordenador ou tablet para facer xogos e mellorar as súas aptitudes informáticas.
Seminario de introdución á mecanografía mediante a plataforma de balde Typing:
Postura: mans, corpo, posición dos elementos do escritorio...
Typing.com: manexo da plataforma
Consellos básicos á hora de enfrontarse ó aprendizaxe
Curso centrado na creación e personalización de un blog:
Introdución á blogosfera: características, plataformas...
Aprendizaxe das bases dun blog
Manexo da plataforma de balde Blogger
Curso centrado nas bases do procesador de textos de código aberto:
Interface de usuario
Formatado de carácter, parágrafo e páxina
Inserción de elementos coma imaxes, táboas, caixas de texto ou FontWork
Bases para a creación de un traballo de clase: cabeceira e rodapé, inserir número de páxina ou notas ó pe...
Curso centrado na introdución das follas de cálculo co programa de código aberto:
Introdución á súa interface
Aprendizaxe das bases de calquera folla de cálculo
Funcións básicas: suma, conta, contara, máximo, mínimo, media... arredondar
Curso centrado nun aprendizaxe máis profundo das funcións avanzadas de Calc:
Funcións con condicións: sumarse, contarse, mediase...
Función condicional SE
Emprego de funcións anidadas
Filtro e ordenación de contido
Formato de páxina
Curso centrado na creación de presentacións con LibreOffice
Introdución ás particularidades da súa interface
Inserir e formatar cadros de texto
Formas, imaxes e outros elementos multimedia
Curso de nivel medio no que aprendemos:
Introdución ás súas bases
Ler e escribir: CC, CCO, seccións...
Opcións avanzadas de Gmail: crear filtros automáticos e etiquetas
Extras de Gmail: mensaxería efímera, programación de correos, pospoñer a lectura...
Alternativas a Gmail: Outlook
Curso de nivel medio:
Google: interface, operadores de busca e filtros avanzados
Outros buscadores de Google: imaxes, videos, noticias
Busca e filtrado en YouTube ou Google Maps
Busca e filtrado en redes sociais e tendas
Busca e filtrado de viaxes en tren, avión e reserva de hoteis
Curso de introdución á creación de unha web persoal sinxela con Google Sites, un sistema moi útil para poñer o noso currículo online ou portfolio, pero tamén para falar de calquera cousa que nos apasione.
Introdución á web: tipos, características e diferencias cun blog
Conceptos básicos da web
Google Sites: interface e manexo da plataforma intuitiva de creación de webs
Curso de nivel medio onde descubriremos as vantaxes de traballar na nube:
A nube: definición e conceptos relacionados
Servizos na nube: comparativa entre servizos na nube e servizos instalados localmente
A nube de Google: interface, compartir con seguridade/privacidade e manexo das aplicacións de Google Drive (Docmentos, Follas de cálculo, Presentacións, Mapas, Formularios, Calendario, Google Keep, Tarefas de Google...)
A nube de Microsoft: similitudes e diferencias con respecto a Google
Curso no que aprenderemos dende casa a desenvolvernos e sacarlle partido ó noso teléfono móbil:
Android: características básicas
Interface do teléfono: barra de navegación, barra de notificacións, launcher, iconas de acceso rápido...
Axustes do teléfono móbil
Aplicacións estándar
Aplicacións de Google preinstaladas
Aplicacións populares
Aplicacións útiles