Ciclo de seminarios curtos adicados a introducir e profundizar en ferramentas útiles para o periodo de corentena:
Videoconferencias multiplataforma con Jitsi Meet
Asistencia remota con TeamViewer
Converter o móbil nunha webcam con DroidCam
Videoconferencias dende o móbil con WhatsApp, Facebook Messenger e Google Duo
Asistencia remota con AnyDesk
Asistencia remota con GetScreen.me
Sesión na que nos adicamos a recopilar e valorar as cualidades diferenciadoras dunha morea de ferramentas útiles durante a corentena:
Sistemas de videoconferencia
Ferramentas de asistencia remota de ordenadores e móbiles
Apps para converter o móbil nunha cámara web
Sincronización de vídeos a distancia
Outros recursos de interese
Jitsi Meet é a nosa elección á hora de planificar videoconferencias debido a:
Software libre, de código aberto e de balde
Non require rexistro e a instalación non é obrigatoria
Funcións avanzadas coma retransmisión de vídeos de YouTube, emisión en directo, gardado na nube e compartir escritorio
TeamViewer é a nosa elección de cara á asistencia remota por ofrecer funcións avanzadas de forma moi sinxela e de balde:
Asistencia multiplataforma: ordenadores, móbiles, tablets ou televisións intelixentes
Non require rexistro nin instalación, excepto no móbil/tablet
Asistencia con videoconferencia
Opcións avanzadas con rexistro e instalación
Aínda que falamos de varias aplicacións que nos permiten converter o noso móbil nunha cámara web, eliximos DroidCam porque é o término medio entre:
Versión de balde con opcións avanzadas
Funcionamento sinxelo
Se pensamos en videoconferencias dende o móbil podemos atopar unha morea de opcións de gran calidade, pero neste curso centrámonos nas tres aplicacións que predominan en todos os móbiles por vir preinstaladas ou ser aplicacións que todo o mundo ten:
Facebook Messenger
Google Duo
AnyDesk converteuse nunha gran alternativa a TeamViewer e cremos necesario profundizar no seu uso porque:
Versión de balde
Programa e aplicación moi lixeiros
Funcións avanzadas e de fácil uso
Non require instalación nun ordenador nin rexistro de usuario
GetScreen.me pode ser unha boa opción á hora de controlar a distancia ordenadores (non dispositivos móbiles) porque:
Versión extremadamente básica e sinxela
Non require instalación, só descarga no equipo que se vai controlar
O equipo controlador accede dende unha web
Non require rexistro
Potencial futuro, pois é unha ferramenta moi nova