#enCorentena

Benvidos á nosa páxina web!

Por mor da pandemia pola COVID19 a nosa aula estivo pechada durante case tres meses, pero iso non nos impediu continuar a ofrecer actividades para os nosos usuarios.

Nesta páxina queremos recopilar todos os cursos online que realizamos dende abril ata xullo do 2020, así coma presentar outros recursos que poidan ser do voso interese.

Se desexas podes poñerte en contacto connosco:

Páxina oficial na rede CeMIT con todas as actividades planificadas para as vindeiras semanas.

Listado de todas as actividades planificadas na nosa aula, cos horarios e a descripción completa. Calquera usuario rexistrado na rede CeMIT pode solicitar directamente a inscripción nos cursos dende aquí.

Páxina de Facebook na que facemos todos os nosos anuncios e ofrecemos ligazóns a calquera contido que consideramos relevante.

Páxina de Instagram onde compartimos carteis e fotos das nosas actividades.

Empregamos as historias para facer recordatorios de derradeira hora.

Canle de YouTube onde facemos os directos dende a casa e quedan todos os cursos recopilados para poder aprender en diferido.

Páxina do Concello de Ames onde podedes atopar información e novas sobre Ames