Entendemos que a comunidade educativa é unha peza fundamental da nosa biblioteca.
Por iso, neste espazo recolleremos aquelas actividades culturais, celebracións e visitas que forman parte da vida do noso colexio e que contribúen ao enriquecemento, á curiosidade e ao gozo das nosas nenas e nenos.

A biblioteca é un lugar de encontro, de lectura compartida e de aprendizaxe en igualdade… un espazo aberto a toda a comunidade! 🌈📚