Dende a biblioteca de Pancho e Flora pedímosvos colaboración para a recollida de alimentos non perecedoiros a favor de Cáritas. Terá lugar dende mañán día 11 ata o 18 de decembro.
UN DOS TRABALLOS DOs nosos biblioaxudantes de 6º É IR ACTUALIZANDO o noso biblio-patio!
PERO OLLO, POÑER ORDE NON SÓ É COUSA DELES/AS!
Entre todos/as mantemos a biblio ordenada
Todo o colexio participou en diferentes podcasts reflexionando sobre o que aprendemos ao longo do curso.
Encantounos a experiencia!
Todos os anos celebramos a nosa tradicional Carreira Solidaria a favor de organizacións coma: Save the Children, Protectora de Animais de Vilagarcía, Fundación Andrea, etc.
O alumnado de cursos superiores realiza contacontos ou actividades para os máis pequenos.
Gañamos o Primeiro premio da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vilagarcía de Arousa polo proxecto de "mulleres que deixan pegada"
Dende a biblioteca de Pancho e Flora realizamos un vídeo en linguaxe de signos para conmemorar o día contra a violencia de xénero.