Ameixa Radio é a radio da nosa escola, o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, en Carril. Nela compartimos pequenos podcast sobre as actividades da biblioteca escolar, os retos de Pancho e Flora, as nosas actividades extraescolares e moito máis. Un espazo para dar voz ao que acontece no noso colexio e aprender comunicando!