A nosa Biblioteca Creativa nace da transformación da antiga aula de informática nun espazo de creación dentro dos Polos Creativos. Aquí o alumnado pode experimentar con materiais como pantalla verde, Lego, Kapla ou lápices 3D, desenvolvendo a súa creatividade e o traballo en equipo.
Ademais, nos recreos realizamos propostas de obradoiros creativos como alternativas de ocio e espazos tranquilos.