Na biblioteca escolar Pancho e Flora desenvolvemos diferentes actividades de animación á lectura dentro do PLEA (Proxecto Lector das Bibliotecas Escolares de Galicia).
Un dos momentos principais é a Hora de Ler, un tempo dedicado á lectura diaria que busca fomentar o gusto polos libros e consolidar o hábito lector no alumnado.
Dende outubro do curso 2024-25 estreamos o Bibliopatio nos recreos! É un carriño viaxeiro que contén libros, cómics e xogos para todo o alumnado e que está xestionado polos Biblioaxudantes de 5º e 6º. Tivo moi boa acollida, desfrutamos das lecturas e xogos co bo tempo e dinamizamos o noso patio!