Seixo Branco,
Mera
Boas a tod@s!
Boas a tod@s!
Este ano teredes que facer un traballo en grupos para ir tendo unha idea do que daredes o curso próximo sobre Xeoloxía.
Este ano teredes que facer un traballo en grupos para ir tendo unha idea do que daredes o curso próximo sobre Xeoloxía.
Traballo Xeoloxía.pdf
Aquí deixo os puntos que tedes que tratar no traballo. Veredes que indiquei máis ou menos as páxinas que debería levarvos cada parte e que engadín unha serie de vídeos que espero sirvan de axuda.
Non quero que copiedes tal cual o que vén no libro de texto. Pretendo que fagades unha lectura comprensiva e que vexades os vídeos para, posteriormente, explicar cada punto coas vosas palabras.
Calquera dúbida que teñades a podemos comentar.
Formato de entrega: Documento dixital que será enviado por correo.
Grupos:
3A (28 alumn@s): 4 grupos de 5 e 2 grupo de 4
3B e 3C (30 alumn@s): 6 grupos de 5
3D (18 alumn@s): 2 grupos de 5 e 2 grupos de 4
En canto decidades @s compoñentes de cada grupo comunicádemo.
PRAZO: VENRES 14 DE XUÑO