O virus da gripe é un pesadelo recorrente que mata a miles de persoas cada ano.
Como nos ataca? Que fan os científicos para combatelo?
Podedes velo de maneira resumida neste vídeo do National Geographic
Imos falar de distintos patóxenos e enfermidades, pero son todos perxudiciais? Como sería un mundo sen microbios?
Podedes descubrilo neste documental!
Boas a tod@s,
Esta semana debedes ler estes tres artigos (Realmente o frío da resfrío, a crisis do Ébola e a chegada da Morte Negra a Galicia) e facer un resumo sobre eles en Google Docs. Ao final de cada resumo debedes incluír unha reflexión personal. Unha vez rematedes o documento debedes enviarmo ao correo :)
Recordade facelo en galego, aínda que dous dos artigos estean en castelán!
Ademais tedes que ir recopilando información sobre o Coronavirus, falaremos del a fondo de volta ao instituto.
Ten unha alta tasa de mortalidade? Como se transmite? Por que é necesario o confinamento? Sábese algo dalgunha solución posible ou vacina futura? Por que insisten en lavarnos as mans con xabón? Deixei este enlace arriba no que podedes acceder a artigos da National Geographic, aínda que están informándonos dende moitos medios.
En caso de aburrimento, podedes ir completando o xogo de Stop malaria, situado máis abaixo. Se tedes cousas que facer do sobra o deixamos para a semana próxima.
Boas a tod@s,
Como somos conscientes de que estades saturad@s con tarefas de todas as materias deixo para esta semana só dúas cousas. Completar o xogo Stop Malaria e mandarme unha breve conclusión e realizar o Kahoot sobre a expedición que levou a vacina da varíola a América.
Queres implementar un programa de saúde para controlar a malaria? Neste xogo poderás colaborar para controlar e diminuír o número de infectados pola malaria nunha poboación de África.
Aviso! Dito xogo non vai ben co Mozilla Firefox. Probade outro navegador como Google Chrome. Con este último vai de marabilla, unicamente tedes que habilitar Adobe Flash Player facendo clic e permitindo despois a execución.
Sabiades que orfos coruñeses levaron a vacina da varíola a América?
En relación a este fito histórico contamos con información na rede, libros e a película 22 Ángeles
Aproveito para recomendar a lectura do libro "Os nenos da varíola" da escritora galega María Solar
Sobre este interesante tema facede, cando poidades, o Kahoot titulado "Expedición Balmis ou Real Expedición Filantrópica da Vacina" facendo clic no enlace ou introducindo o challenge pin 0178008. Mandádeme ao correo unha foto coa vosa puntuación. Para o podio levarei un pequeno detalle á volta.
National Geographic está recopilando unha serie de artigos moi interesantes sobre preguntas que podemos facernos estes días.
É necesario este estado de confinamento? Por que o xabón acaba co coronavirus? Como penetra nas células humanas?
Tedes estas e outras respostas neste enlace
Esencial saber que son os anticorpos para entendelo!
Neste material infográfico resúmense as dúas probas: a serológica e a PCR. Esta última, menos coñecida, estase mencionando moito nos medio ultimamente.
Boas a tod@s,
Despois de facer algunhas actividades como introdución ao tema, tedes que revisar as oito primeiras diapositivas do tema (recordade que o que aparece en cor azul e subliñado son vídeos que debedes visualizar). Unha vez feito contestade ás seguintes cuestións:
Formato de entrega: documento de Google
Data de entrega: mércores 22, a ser posible!
Hola a tod@s,
Después de hacer algunas actividades como introducción al tema, tenéis que revisar las ocho primeras diapositivas del tema (recordad que lo que aparece en color azul y subrayado son vídeos que debéis visualizar). Una vez hecho contestad a las siguientes cuestiones:
Formato de entrega: documento de Google
Fecha de entrega: miércoles 22, a ser posible!
Xa que algúns preguntáchedes pola existencia de diferentes vacinas, cousa que trataremos nuns días, adiántome recomendándovos un artigo sobre a vacina contra o virus do SIDA.
Mais antes debemos preguntarnos: Que son as vacinas? Como actúan? Podedes velo no vídeo!