Comezamos o cuarto tema!

Como dixerimos os alimentos?

Como aproveitamos os nutrientes que conteñen?

Como respiramos?

Por que temos hipo? Por que roncamos?

Trataremos estas e outras cuestións ao longo deste tema

Introdución

Como acontece o proceso de dixestión? Como aproveitamos os nutrientes dos alimentos? En resposta a estes interrogantes comezo o tema volvendo a recomendar o documental do canal National Geographic: Viaje al interior del cuerpo humano. Podedes ver a parte correspondente ao sistema dixestivo a partir do 23'.

Presentación do tema

Aquí vou deixando a presentación do tema.

Recordade acceder aos enlaces!

T3 A NUTRICIÓN Aparatos dixestivo e respiratorio

Ilustracións divertidas

Para os que desfrutades pintado no voso tempo libre, na rede hai moitas ilustracións divertidas de Anatomía. Atopei estas dúas do aparato dixestivo:

Pero gustariame destacar a páxina de Awkward Yeti, pois conta con moitísimas tiras cómicas

IMPORTANTE!!!!! Recordade que unha das preguntas de exame será a seguinte:

Explicación do proceso de nutrición relacionando os catro sistemas implicados (dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor). Falamos sobre isto ao comezo do tema e fixemos un esquema. Deixo por aquí a redacción.

REDACCIÓN NUTRICIÓN

INTERCAMBIO GASOSO

Como para esta pregunta non chega co que está no libro de texto, deixo por aquí un documento para que repasedes.

Os únicos nomes de vasos sanguíneos que deberiades saber son: capilares alveolares, arteria aorta e arteria pulmonar.

Intercambio gasoso

PUNTOS IMPORTANTES PARA O EXAME

1. Proceso de nutrición relacionando os 4 sistemas implicados (documento do blog).

2. Partes do sistema dixestivo (incluídas glándulas anexas). Podo poñer unha imaxe con frechas para que indiquedes o nome de cada parte e a función resumida.

3. Dixestión química en boca, estómago e intestino delgado de azucres complexos, lípidos e proteínas (páxina 48 do libro e diapo 29).

4. Absorción no intestino delgado grazas a dobras (pliegues), pilosidades (repliegues) e micropilosidades (microrepliegues) (páxina 49 do libro e diapo 30).

5. Partes do sistema respiratorio. Podo poñer unha imaxe con frechas para que indiquedes o nome e fagades un pequeno resumo das partes.

6. Inspiración e expiración (páxina 54 e diapo 35).

7. Intercambio gasoso (documento do blog).

8. Formación de feces e importancia da flora bacteriana (páxina 47 e 49 do libro).

Os apartados 3, 4 e 7 do libro non entrarán no exame. Non obstante, xa que se trata de enfermidades e hábitos non saudables é importante que revisedes a información.