Querid@s alumn@s quédanos por ver como funcionan os sistemas que regulan o funcionamiento de todo o corpo: os sistemas nervioso e endócrino

Sabedes que estes dous sistemas controlan os restantes? Por exemplo, deles dependen que ouriñemos máis ou menos, que se nos acelere o pulso, que respiremos con máis frecuencia, que poidamos retirar rapidamente o dedo se nos queimamos...

Trataremos estas e outras cuestións ao longo deste tema

T6 A RELACIÓN

Presentación do tema

Aquí vou deixando a presentación do tema.

Tarefa Semana 18 de maio. Como escoitamos?

Boas a tod@s, ademais de ir revisando as diapos deste novo tema tedes unha tarefa breve para esta semana. Esta consiste en explicar, nun documento de Google, como escoitamos, tal e como o explicamos en clase pero coas vosas palabras. Podedes volver a revisar os vídeos se non recordades algunha parte do proceso.

Formato de entrega: documento de Google

Data de entrega: 24 de maio, a ser posíbel

Tarefa Semana 25 de maio. Como vemos?

Boas a tod@s, ademais de ir revisando as diapos deste novo tema tedes unha tarefa breve para esta semana. Esta consiste en explicar, nun documento de Google, como vemos, tal e como o explicamos en clase pero coas vosas palabras. Podedes volver a revisar os vídeos se non recordades algunha parte do proceso.

Formato de entrega: documento de Google

Data de entrega: 30 de maio, a ser posíbel

Tarefa Semana 1 de xuño. Que fan as hormonas que producimos? Onde se sintetizan?

Boas a tod@s, ademais de ir revisando as diapos tedes xa a última tarefa da avaliación. Esta consiste en explicar, nun documento de Google e modo de táboa ou esquema, as funcións que teñen as hormonas humanas e as glándulas que producen ditas hormonas. Tedes a información nas páxinas 108-109 do libro de texto.

Formato de entrega: documento de Google

Data de entrega: 6 de xuño, a ser posíbel