Para rematar de entender a función de nutrición tócanos ver neste tema os sistemas circulatorio e excretor

Quédanos por saber como funciona ese sistema circulatorio polo que viaxan gases, nutrientes e substancias de refugallo. Algunha idea? En relación con isto son moitas as cuestións que poden espertar a vosa curiosidade:

Cal é a causa dos infartos? Por que poden aparecer varices? Por que algunhas persoas poden vivir en altitude?

E por outro lado, como formamos os ouriños? Sabedes que teñen a súa orixe nunha filtración do sangue que ten lugar nos riles? E que a súor é tamén sangue filtrado? Ou que os glóbulos vermellos que xa non funcionan ben os eliminamos grazas ao fígado?

Trataremos estas e outras cuestións ao longo deste tema.